Iniciación A
Luís Calvo -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!
¡Compartelo en redes sociales!
Facebook
Google+
Twitter
Email
WhatsApp



O pasado venres desprazámonos a Buño convidados polo clube de fútbol desta localidade ó seu
torneo. Acompañamos na expedición ó Alevín de Javier Vecino e Alex Lamela e ó Promesas
Feminino de Pablo Pérez “Yiyo” e David Veira. Desprazamento feito en autobús o groso da
expedición, onde ían pais, nais, nenos, nenas, adestradores e … o do autobús off corse !!
Pola parte dos Biberóns, o equipo estivo composto por Artai, Hugo, Nico, Manuel, Iker Turrado, Iker
Barbazán, Oscar, Leo, Roi, Leandro, Dani e Rai. E como adestradores Dani Turrado e un servidor.
Disputamos o noso encontro contra as Escolas Luis Calvo de Carballo, uns habituais xunto con nós
nos partidos amigables e torneos. Un pracer, como sempre.
Os nosos nenos deron todo de sí, facéndonos disfrutar e vendo que a ilusión que teñen non entende
de cansancio, horarios ou desprazamentos. Uns cracks. O partido foi en formato F8, ó cal non están
moi habituados e sí se notan algo máis desorientados neste tipo de espazos grandes, mais
superáronse rápidamente estas trabas e entregáronse con todo o que tiñan no campo.
Grandes.
E os pais, nais e demáis acompañantes igualmente cracks, apoiando ós equipos das nosas Escolas
nesta xornada fantástica.
Os que non poidemos quedar ó postpartido, perdémonos 2 grandes partidos dos Alevíns e Feminino
Promesas e a churrascada posterior acompañada da actuación da orquestra Os Satélites. Outra vez
será. Xa agardo á invitación para o ano que ven. Vou chamar a Buño!!
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza!!!


Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!
¡Compartelo en redes sociales!
Facebook
Google+
Twitter
Email
WhatsApp