Benjamín B
Paiosaco -
SCD Pastoriza "B" -


¡Compartelo en las redes sociales!
¡Compartelo en redes sociales!
Share on facebook
Facebook
Share on google
Google+
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp


Disputaban a penúltima xornada o noso benxamín B na Porta Santa de Paiosaco.
Neste encontro, contamos Dylan e máis eu con Cristian na portería; Kevin, Adrián(Capitán) e Omar
en defensa; no mediocampo Samuel Díaz; formando a liña ofensiva, Junior, Darío e Brais Rey.
Completamos a convocatoria con Héctor, Xoel, Joel, Samuel Paredes e Diego. Estiveron ausentes
Mark e Ismael (por enfermidade) Brais García, , Miguel e Mario.
Un encontro de moitos cambios e rotacións de posición, co obxectivo de seguir formando ós nosos
nenos e que pasen por todas as posición posibles ao longo da competición. O fin último deste medio
é que os rapaces teñan máis amplitude de posibilidades de xogar, se sintan estimulados ante novos
retos tácticos e sexan capaces de poñerse nos zapatos dos seus compañeiros para entender as
vicisitudes de cada posto (empatía).
Notouse un pouco ó comezo do encontro ese cambio de posición non habitual na maioría dos
xogadores, o que nos levou a andar algo desordenados no campo. Mais con entrega e esforzo, foise
aguantando ó rival, que combinaba máis e chegaba máis a nosa área. E lograron, rematando o
primeiro período poñerse por diante no marcador.
Sen virnos abaixo, afrontamos a segunda metade con ánimos de remontar. O Paiosaco víase forte
co resultado favorable e seguiu dominando o partido e puxo ós 5 minutos o 2-0 favorable ós
verdibrancos. Aínda así, nós tivemos algunha ocasión para empatar e mesmo adiantarnos. Pero
hoxe era o día do Paiosaco, que lograba así a súa segunda victoria na liga, e neste caso ben
merecida.
O noso Benxamín B vai cubrindo fases de formación, vai cumprindo obxectivos e vai aprendendo
cousas que nun futuro os rapaces poderán aproveitar para mellorar como xogadores e como
persoas. Ese é o verdadeiro éxito. Xa chegarán as victorias deportivas. Agora, a disfrutar das victorias
formativas.
“Un para todos e todos para un”
Forza Pastoriza!!!


Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!
¡Compartelo en redes sociales!
Share on facebook
Facebook
Share on google
Google+
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp