Estivemos lembrando os comezos do SuperDepor, a Arsenio, o botellazo a Hugo Sánchez do Real Madrid na Copa do rei no campo do Sestao, e moitas máis anécdotas.
Tamén tirou uns penaltis coas nosas nenas e nenos e asinou con moito cariño camisetas, fotos, botas e guantes que os cativos lle pedían.
Unha gran xornada e unha honra enorme para o clube a presenza deste histórico deportivista.
Acompañado pola súa muller Eva e a súa filla María, Campeona Galega de Patinaxe e 3° Española no 2018, profesora no clube de patinaxe Fervello , clube amigo da SCDPastoriza, onde a directiva Vanessa López fixo posible esta visita.