Infantil A
Portazgo - 6
SCD Pastoriza - 4


¡Compartelo en las redes sociales!


Nos desplazamos o campo de herba natural de Portazgo, por primeira vez xogamos pola tarde, e coa ilusión de xogar despóis de dúas semanas parados. Primeiro tempo no que o equipo foi superior o rival, ben colocado no campo, impedindo que o rival xogase, nos crease ocasións e dispondo de oportunidades de gol nas botas dun gran Derek e o alevín Ruly, o resultado o descanso solo sería de 1-2. O segundo tempo cambiou, moitísimos fallos defensivos, tanto en saida de balón desde atrás, como en falta de concentración e colocación fixo que o rival o aproveitase remontando o partido en 25 minutos moi malos. Os 15 últimos minutos os rapaces volverían a meterse no partido, con dous goles e algunha que outra ocasión de Brais, pero non servirían para sacar un resultado positivo. Golazos de Derek (dous), Igor e Sergio. Por último, e ainda que marcar un gol non debe de ser o máis importante no fútbol, se non que o equipo compita e funcione, felicito especialmente a Sergio polo gol marcado. A seguir entrenando para seguir mellorando e forza Pastoriza.

Javier Gabín.
Si te ha gustado, ¡comparte!