Infantil A
SCD Pastoriza - 2
Betanzos - 9


¡Compartelo en las redes sociales!


Terceiro partido da segunda volta no que saimos co mesmo equipo que tan bo partido fixeran a semana pasada, e buscando ese orden defensivo e táctico que tan ben fixeran os rapaces fai sete días. Pero non todos os días nos levantamos igual e a concentración defensiva e as ganas de competir non foron as mesmas, e eso, ante o segundo clasificado e novo líder págase con goles en contra. Sempre intentando sair raseando o balón desde atrás, pero o rival nos presionaba na nosa área e facíanolo moi difícil, con moitos controles errados e sen ter as ideas moi claras o rival o aproveitaría para poñerse 0-2. A media hora Manu cun gran roubo e disparo faría que o equipo se animara con ese 1-2 pero dous regalos antes do descanso causaron moito dano na moral dos rapaces. O segundo tempo cambiamos do 5-4-1 a 4-4-2 pero teremos que traballar máis no posicionamento na saída de balón, nada saiu e os goles en contra subían o marcador. Felicitar o rival polo bo xogo. E destacar a Alex en portería que no seu primeiro ano de porteiro partidos así non o teñen que desanimar xa que sempre da a cara, e tamen a Jose e Derek, sea cal sea o resultado o siguen dando todo hasta que pita o arbitro. A seguir adestrando e Forza Pastoriza.

Javier Gabín
Si te ha gustado, ¡comparte!