Benjamín C femenino
SCD Pastoriza "C" -
Orzán -


¡Compartelo en las redes sociales!


Disputabase o venres un partido moi singular nesta Liga Galega Promesas, pois
enfrontábanse o líder Orzán e as nosas nenas que pechan a clasificación e tamén porque
no Pastoriza debutaba Nacho Fariña como adestrador en liga do Benxamin Feminino
suplindo a baixa obrigada de Mariño.
Un encontro no que ademáis tamén se deu a circunstancia de que contábamos con todas
as xogadoras para o encontro, o que obrigou ó míster a facer convocatoria e malia á
dureza da decisión, deixar fóra do partido a 5 xogadoras, pois só poden participar 16 por
encontro. Sí, sí, escoitades ben, 21 xogadoras move este Benxamín C (entre benxamíns
e prebenxamíns). Case nada!! Ademáis aproveitouse o encontro para facer a foto do
equipo. Fóra da convocatoria tiveron que quedar sen xogar Aldara, que non puido asistir
ó partido finalmente, Lucía Lauzara, Noa e as dúas últimas incorporacións Alma e
Andrea que se uniron a este equipo tras o campus de nadal das Escolas da SCD
Pastoriza. Participaron no encontro: Glory, Ana Souto, Ana Cintado, Elisa, Sofía, Icía,
Carmen, Lucía Vilar, Lucía Vázquez, Carlota, Marta, Alba, Paula, Vera, Noelia e
Alessandra.
O encontro, por outra banda, non tivo máis história que a que levamos relatando toda a
competición: máxima entrega e loita das nosas nenas pero coas condicionantes de xogar
contra equipos de maior nivel técnico e de maior idade, e neste caso, contra o líder. E
chovendo. Aínda así, as 16 convocadas e as que non puideron xogar, déronno todo no
campo e dende a grada.
Desexarlle o mellor ó novo adestrador nesta singladura , ás fantásticas nenas que
compoñen este equipo Benxamín C e a esas nais e pais que confían nestas Escolas e
neste clube para que a ilusión das súas nenas, e a nosa, teña o seu escenario neste
espectacular e verde teatro onde un balón roda e elas se divirtan... infinitamente!!!
Unha para todas e todas para unha. Xuntas facemos equipo. Forza Pastoriza!!
Si te ha gustado, ¡comparte!