¡Compartelo en las redes sociales!
Chegábamos a este segundo partido da segunda volta coa lección aprendida do anterior:
non confiarse. Ademáis tíñamos un elemento engadido que nos obrigaba a estar
concentrados e entregados: 6 baixas para este encontro. Nin Mario, Miguel, Mark,
Junior, Brais García e Ismael poideron asistir. Outro dato a sinalar era que este rival, o
Sp.Cambre, tíñamolo sinalado como un dos mellores partidos que fixeramos na primeira
volta e dos máis igualados.
Arrancamos o encontro con Joel na portería; Samuel, Darío e Adrián en defensa; centro
do campo para Diego (Capitán hoxe) e Cristian, Kevin e Omar na liña de ataque.
Completaban a convocatoria Brais Rey e Héctor.
Enchufados dende o minuto 1, dende a portería ate o dianteiro, logramos poñernos por
diante ós 10 minutos cun golazo de Samuel dende máis de 20 metros(unha das premisas
era tras pasar liña de mediocampo, tirar sen medo, sen importar a distancia, pero tirar).
Empatounos cáseque deseguido o Sp. Cambre, ós 5 minutos.Pero un arreón de xogo ó
final da primeira metade por parte do Pastoriza, fixo que o 1-2 subise ó marcador tras
unha xogada en que rematou Adrián, e entre o defensor e o porteiro meteron en propia
meta, e o 1-3 no último minuto desta primeira metade, outra vez a cargo de Samuel.
Estaba a ser un encontro moi disputado polos dous equipos, con bastantes chegadas á
área por parte do Pastoriza, con contragolpes do Sp. Cambre, e con moitas imprecisións
polas dúas escuadras, pois todos os xogadores pelexaban o balón con total entrega e sen
descanso.
Nada máis comezar a segunda metade, o cuadro cambrés reduciu distancias no
marcador. Lonxe de meternos o medo no corpo, os nosos rapaces seguiron a atacar e a
buscar o gol con insistencia. A pesar das múltiples variantes posicionais que se fixeron
para dosificar ós xogadores, pois só había 2 cambios e o esforzo no campo estaba a ser
considerable (algún xogador pasou ate por 4 posicións, para recuperar tras gran entrega
noutra de máis desgaste) o equipo mantivo o equilibrio defensa-ataque bastante ben. Un
incansable Samuel, un todoterreo Cristian, un renovado e incisivo Omar, un Adrián
quebracabezas para a defensa do Cambre, un equilibrante Diego, un gran sentido táctico
de Kevin mantendo a defensa contraria sempre aberta pola súa banda, etc, etc fixo que a
segunda metade fose moi vistosa, tanto en ataque pola nosa creación, como en defensa
por solventar ben as múltiples, tamén, acometidas do Sp Cambre.
E tivemos o noso premio e tranquilidade no marcador cáseque no último suspiro do
partido, cando un habilidoso Omar puxo o 2-4 nun balón disputado na área que
empurrou ao fondo da rede.
Un partido disputado, intenso e no que calquer equipo puido levar a victoria, tal e como
sucedera na primeira volta. Así o recoñecemos ambos corpos técnicos conversando ó
final do encontro. Son destes partidos que da gusto dirixir, presenciar e xogar. Bó para
os nenos, bó para os adestradores e bó para as nais e pais que veñen a velos. Ogallá
teñamos máis destes ao longo desta liga. Está nas nosas botas e nas nosas cabezas.
Agora toca seguir adestrando e mellorando algunhas cousiñas para que volten a darse
partidos así de gustosos de xogar. E de ver. E de disfrutar.
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza
Pablo Mariño.
Si te ha gustado, ¡comparte!