¡Compartelo en las redes sociales!
Comezábamos a segunda volta desta Liga Galega Promesas na cidade do apóstolo
contra o Victoria.
Neste encontro participaron Glory, Aldara, Alessandra, Marta, Carlota, Lucía Vázquez,
Lucía Vilar e Carmen de inicio. Tamén formaron parte da expedición e do encontro
Lucía Lauzara, Ana Souto, Elisa, Noa, Paula e Alba. Sofía non podía xogar por motivos
médicos mais sí estivo animando na grada as súas compañeiras.Non poideron asistir
Noelia, Icía e Vera.
Comezaba o partido con claro dominio das santiaguesas mais mantivemos o tipo con
moita loita e sacrificio, ainda que a calidade na combinación do Victoria era clara e
dominante. E este factor era determinante para mandar no marcador dende o minuto 6.
Se ben é verdade que o marcador na primeira metade foi de 4-0, démoslle guerra e
tiveron que logralo con máis esforzo do en principio previsible por parte do equipo da
capital de Galicia.
A segunda metade foi outro capítulo totalmente diferente. O noso cansancio facía máis
difícil aguantar as acometidas do Victoria, pero ó mesmo tempo descubrimos a súa
faciana máis deportiva, pois en múltiples ocasións frenaban os seus ataques combinando
cara atrás e deixándonos xogar ate medio campo con total liberdade. Este modo de
actuar fixo posíbel que o Pastoriza se achegase en varias ocasións á meta rival, creando
2 ocasións moi claras de gol a pés de Carlota, a segunda das cais faltando 5 minutos
para o final do encontro se transformou no gol da honra. O Victoria pechou o encontro
con outro gol, quedando o resultado final en 5-1.
As nosas nenas fixeron unha primeira parte moi entregada e loitadora, e na segunda
intentamos achegarnos no marcador pois as condicións que nos daba o equipo contrario
así nolo permitía. Polo demáis, un 10 no campo para todas, un 10 para os papás e
mamás que nos acompañaron na viaxe e un 10 para as nenas do Victoria.
Dicir que este é o último partido, en principio, que dirixo deste equipo esta tempada,
pois por motivos personais non poido asistir ós adestramentos o cal nos leva a darlle o
timón de mando a Nacho Fariña, adestrador dos xuvenís que xa leva unhas semanas
adestrando ó Benxamín C Feminino, a quen lle envío todos os meus ánimos. Dicirlle ás
nenas e os pais e nais que quedan en moi boas mans.
Este é un grupo humano fantástico, que deixa moitas e moi boas emocións en min,
moitas boas vivencias, sorrisos e sorpresas dunhas nenas fabulosas que seguirei de
preto, e que ben seguro voltaremos a atoparnos en breve. E das desas nais e pais qué
dicir,… im-pre-sio-nan-tes!!!
Moitas grazas por ser unha parte especial e maravillosa na miña vida este ano. Sodes as
miñas mosqueteiras. Unha para todas e todas para unha. Unha forte aperta. E xa
sabedes, xuntas, facemos equipo. Forza Pastoriza!!
Pablo Marño
Si te ha gustado, ¡comparte!