Benjamín B
SCD Pastoriza - 2
Brexo Lema - 4


¡Compartelo en las redes sociales!


Este sábado aos nosos nenos tocoulles xogar contra o Breixo Lema no noso campo de Meicende. Os xogadores chegaron cunha mentalidade de traballo e esforzo que se plasmou no partido dende o primeiro minuto.

O encontro comezou cun dominio do Breixo Lema que realizou varias xogadas de ataque consecutivas que foron paradas pola nosa defensa, formada por Anton, Lucas e Hugo Blanco, xunto con Daniel na porteria. Aínda así, o primeiro gol que adiantou o equipo visitante chegou os poucos minutos de empezar o partido. O segundo gol foi causa dunha contra a cal Daniel saliu a frear, como asi lle mandamos nos adestramentos, coa mala fortuna de que o equipo rival conseguiu enviarlle o balón por enriba. Co paso dos minutos os nosos xogadores comezaron a gañar forza e a dominar o partido con moitas xogadas polas bandas de man de Xoel Sánchez e Ángel que por desgracia non remataron en gol.

Xa na segunda parte realizáronse varios cambios e o equipo continuaba tendo control do partido e chegando con perigo preto da área dos visitantes. O primeiro gol para os nosos nenos veu da man de Hugo Teixeira que cun disparo o borde da área colou o balón ata o fondo da rede. O segundo gol veu da man de Sandro que conseguiu meterse na area reganteando os defensas para definir perfectamente. Aínda sendo superiores con numerosos ataques o partido rematou cun 2-4 a favor de Breixo Lema.

Neste partido os nenos puxeron todo o que tiñan por pelear cada balón en cada xogada. Por desgracia non podemos poñer a todos os xogadores no "Once Ideal" desta fin de semana pero tendo que destacar a algún dos nosos xogadores deste partido quédome cos que para min máis o mereceron polo trabalo diario e polas premisas dadas para o partido: Adrián Parada, polo seu bo posicionamento e bo xogo colaborativo con Joel Fernández; Xoel Sánchez, polo seu traballo constante en todas as facetas do xogo; e Daniel, polo leu liderazgo e talante ante os adversarios.

Nacho
Si te ha gustado, ¡comparte!