Alevín A
Órdes -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!

Pechamos a primeira volta na casa do Órdes.
Levámamos uns bos encontros, no que o equipo claramente ía en linea ascendente, con rivais moi duros, os que en moitas fases dos partidos conseguimos ser superiores e crear ocasións de perigo. Este último non ía ser menos, se cadra o mellor encontro que disputamos; fumos capaces de sair co balón dende o inicio, case sempre buscando os espazos que creaban os xogadores do medio campo, e superando lineas hasta a finalización. E nas fases defensivas case sempre recuperamos o balón, para combinar e volver a dominar o xogo. Esto non foi nada doado, posto que o Órdes, xoga moi directo, con balóns aéreos e dispuntan o balón con moita intensidade, quizais sexa o estilo de xogo que menos cómodos nos fai sentir no campo.

Por fin parece que os adestramentos se transportan os partidos e nos empezamos a sentir cómodos e con posiblidades de facer dano a calquer rival, tanto cando temos que defender ou atacar. Veremos se somos capaces de dar un paso máis e dominar os partidos completamente, e que ese dominio se traduza e goles a favor.

Seguiremos traballando!!

Iván.
Si te ha gustado, ¡comparte!