Benjamín B
Olímpico -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!
Terceira xornada do noso Benxamín B, fronte ó segundo clasificado, o Olímpico de
Rutis.
Saían no equipo inicial: Omar de porteiro; Miguel, Darío (Capitán hoxe) e Héctor na
liña defensiva; Ismael (debutaba na liga), Cristian e Adrián no mediocampo e Samuel de
dianteiro. No banco, Kevin, Diego, Mark, Brais Rey e Mario Tarrío. Foron ausencia do
encontro Brais García, Joel e Junior por diferentes motivos.
Encaixamos 2 goles rápidos, dado que o Olímpico saiu arroiando, mais a partir de ahí, o
Pastoriza centrouse, sobre todo en defensa, e fixo unha primeira metade moi completa.
Intensidade e esforzo dos nosos rapaces, fixeron que aguantásemos a apisonadora
Olímpica. Un gran Omar salvou un par de ocasión cara a cara cos dianteiros contrarios,
e a defensa resolviu unhas cuantas ocasións do Olímpivo. Darío, que hoxe exerciu de
capitán, mandou ahí atrás con contundencia e liderado.
No mediocampo, Cristian e Ismael trenzaron boas combinacións, logrando plantarnos
na área rival un par de veces. En xeral, todos entregados e intensos. 2 goles de despiste
nos dous últimos minutos fixo un marcador de 4-0 ó descanso, non real co visto no
campo ate entón.
A segunda metade comezou con un gran gol de Samuel a pase de Cristian que fixo que
o Pastoriza se ilusionase con poder remontar ou cando menos achegarse ó marcador.
Seguiuse tentando, con combinacións entre o medio e a dianteira, así como algún pase
longo da defensa, creando 3 ocasións bastante claras de gol. Mais non puido ser. E o
Olímpico voltou á carga conseguindo 4 goles máis. Durante este tempo o Pastoriza non
baixou os brazos, e rematou metendo o segundo, tamén de Samuel, no último minuto do
encontro.
Destacar o gran traballo de todos os rapaces, a mellora na forma colectiva de xogar e a
creación cada vez máis clara de ocasións de gol. Pouco a pouco, se seguimos adestrando
con ganas, irán chegando máis cousas positivas. Hoxe vimos un paso máis nesa mellora.
E haberá máis. Os meus parabéns a todo o equipo. E a todos os pais/nais e familiares
que acudiron a animarnos.
“Un para todos e todos para un”
Forza Pastoriza

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!