Benjamín B
SCD Pastoriza "B" -
Betanzos "C" -


¡Compartelo en las redes sociales!
Disputábase o segundo partido de liga do Benxamín B (o primeiro como local) esta sábado en Meicende. Contábamos con bastantes ausencias por diferentes motivos (Xoel, Mario, Miguel, Junior e Ismael) O partido comezou con Diego na portería, Samuel, Omar e Mark na defensa; liña de creación para Brais García, Kevin e Cristian e na dianteira Adrián. Arrincaban no banco Darío, Héctor e Brais Rey. Atopamos un Betanzos arrasador polas bandas, que nos puxo cun 0 – 3 en menos de 10 minutos. No segundo tramo da primeira metade, o Pastoriza comezou a enlazar algunha xogada combinativa que nos permitiu chegar un par de ocasións á portería rival. Aínda que non concretamos en gol, sí fixemos o que estivemos adetrando esta semana de dar saída por banda e progresar con pases. O Betanzos facía case o mesmo, só que con diferente resultado. E así fumos ó descanso con algún gol máis o lombo. Pero o importante foi que os rapaces tentaron facer o que adestramos. E así llelo fixen saber ó descanso. A segunda metade foi un calco da primeira, pero con máis cansancio por parte dos nosos o que nos levou a unha maior desorganización defensiva. Resultado: o Betanzos completou a ducia e fixo con nós unha tortela. Mais volvo a repetir, os nosos, mentres as forzas chegaron, fixeron o que adestramos. E diso se trata, de poñer no terreo de xogo o aprendido. Pouco a pouco, irán vindo partidos mellores e o xogo será máis divertido para os nosos rapaces. Quero enviarlle dende o Benxamín "B" unha forte aperta de parte dos adestradores e compañeiros a Ismael, que esta semana non puido debutar. Un grave accidente de circulación do seu pai no camión fixo que as circunstancias non fosen as máis apropiadas para o rapaz. Ánimo e que se recupere pronto o papá de Ismael. Vémonos a semana que ven. “Un para todos e todos para un” Forza Pastoriza. Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!