¡Compartelo en las redes sociales!
Adiantamos o partido da xornada ó venres por petición do Cristo Rei que non tiña moita
dispoñibilidade de campo, pois comparten instalación co Sta. Cruz.
No encontro participaron, de saída: Joel na portería, Samuel Díaz, Adrian e Brais García en defensa;
no medio Diego e en liña de ataque, Cristian, Kevin e Miguel. Completaron convocatoria Héctor ,
Darío, Brais Rey, Junior, Omar e Samuel Paredes. Estiveron ausentes Ismael, Mario e Mark.
O encontro arrancou con bastante igualdade polos dous equipos, se ben un golpe de mala sorte ó
cuarto de hora, fixo que propiciásemos o 1-0 cun gol en propia porta, o cal nos desanimou un pouco.
Seguimos intentándoo, ás veces con algún pelotazo longo, dada a presión do Cristo Rey, e ás veces
intentando combinar. Chegamos ó descanso con moitas opción, aínda que o rival xa se estaba a
impoñer no terreo de xogo.
A segunda metade, pola contra, foi claramente do equipo oleirense, que ía impoñendo o seu xogo e
os goles no marcador, ate completar o 5-0 final.
O Pastoriza tivo illas de xogo bó, mais non suficiente para equilibrar o partido. Seguimos tentando
xogar como se adestra e iso é o máis importante. Os resultados xa irán chegando.
Un para todos e todos para un!!!
Forza Pastoriza!!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!