¡Compartelo en las redes sociales!
Disputábamo o sábado en Meicende outro amigable co equipo Iniciación, a fin de ir completando a
súa formación.
Visitábannos os amigos e amigas das Escolas Luis Calvo Sanz de Carballo con Fernando Soneira como
xefe da expedición.
O partido disputouse en formato de F6, en campo e porterías adaptadas. Polo Pastoriza participaron:
Leandro, Iker Turrado, Iker Barbazán, Leo, Hugo, Xoel, André, Erik, Dani, Diego, Artai, Mateo, Manuel
e Oscar. Rai non xogou, pero estivo animando dende a grada, e ausentáronse, Nico, As e Xabi.
Partido arbitrado formativamente por Iván Vilar, o “noso” Iván.
Un pracer de encontro, onde os máis cativos do noso clube deron toda a entrega, intensidade e
ilusión.
Toca seguir formándoos, divertíndoos e acompañándoos nestes primeiros pasos deportivos e de
convivencia grupal. Graciñas a todos os pais, nais e avós que nos acompañaron o sábado, e gracias
tamén ás Escolas Luis Calvo, sempre colaboradoras e participativas con nós.
Un para todos e todos para un! Forza Pastoriza!!!
Pablo Mariño.
Si te ha gustado, ¡comparte!