¡Compartelo en las redes sociales!
CRÓNICA BENXAMIN A PASTORIZA-LARACHA MEICENDE GRANDE. 14/12/19 10:00
Traíanos a penúltima xornada antes do parón de Nadal ós nosos veciños da Laracha, cos que sempre se presentan partidos disputados e intensos.
Era este un partido con moitas variantes, dado que algún xogador tivo que reforzar ó Alevín B.
(Cristian e Brais) e outros non poideron asistir por diversos motivos (enfermidade- C. Lauzara e Claudia- , viaxe- Alessandra-).
Ao mesmo tempo recuperamos a Samuel que levaba varias xornadas ausente por motivos de saúde e a Antón que perderá o encontro do pasado sábado por lesión nun nocelo.
Con todo este movimento, definitivamente afrontamos o encontro cos da parroquia de Torás cos seguintes efectivos: Andrea na portería; Adrian Castro (hoxe capitán), Carmen Pereira e Xoel na liña defensiva; mediocampo para Alma; na liña ofensiva formaron Carmen Méndez, Samuel e Adrián Rega. Completamos a convocatoria con Antón e Izan.
Un encontro que se prevía difícil mais que coa concentración e predisposición coa que saíron as nosas nenas/os púxosenos de cara nos 10 primeiros minutos, con goles de Rega (que volviu a abrir o marcador ao igual que a pasada semana) e Alma. 10 minutos de dominio total por parte do Pastoriza que metiu ó Laracha no seu campo en fixo que Andrea non tivese que facer pouco máis que de espectadora.
Mais o Laracha non se vei abaixo e os poucos minutos asestounos o primeiro gol. Non decaeu o noso ánimo e seguimos na mesma liña proposta de ataque e presión no campo contrario, con liñas moi adiantadas. Un pequeno risco, que as veces nos comprometía en defensa por non recuperar tras pérdida as nosas posición de retagarda rápidamente. Cunha Carmen Pereira infranqueable na defensa e coa cobertura de Andrea, medio porteira, medio central, solventamos estes pequenos despistes. Unha destas xogadas de ataque, onde combinou ben o equipo dende banda, pasando polo medio por Alma ate chegar o balón a Carmen Méndez en profundidade, que o pelexou ate o último minuto, dounos o terceiro da mañán. Ben é verdade que coa pequena axuda dun defensa deles, pero a insistencia de C. Méndez fixoo posíbel. Nunca un balón por perdido!
Con só dous cambios, as permutas foron constantes, para dar frescura e que ningún xogador/a se agotase en exceso. Así mesmo, as variacións de posición para dar opción de recuperación da fatiga foron outra das tónicas deste partido. As circunstancias así o exixían e coido que se logrou chegar ó tramo final co equipo máis ou menos en condicións e listo para rematar o encontro.
Un encontro que nos últimos 15 minutos foi dunha intensidade e emoción impresionantes. O Laracha logrou empatarnos o encontro a tres goles. E graza a dúas paradas espectaculares man a man de Andrea,das que xa nos ten acostumada, non se nos adiantou o equipo larachés.
A nosa insistencia en ataque foi total, con xogadas individuais de Rega e Alma, con saques de esquina, tiros dende media distancia de Adrián, balóns embarullados na área rival, un gol anulado por fóra de xogo, … mais o gol do desempate non chegaba. Poideron ser moitos, se ben ningún subiu ó marcador. E cando parecía que o 3-3 ía ser case definitivo, o árbitro pitou unha falta na parte frontal esquerda da área do equipo rival. Con total confianza, Alma colleu o balón, púxoo no punto de execución e… transformou en gol esta última oportunidade. Explosión de ledicia e en verdade, merecíamos levar os tres puntos, pois a nosa proposta e creación ofensiva ben valían esta recompensa.
Parabéns ó equipo por este partido intenso, emocionante ate o final e con moitas boas cousas que se viron no campo. Imos progresando e disfrutando.
Unha para todas e todos para un! Forza Pastoriza!
Para o once ideal, Alma, que dende o mediocentro aportou equilibrio, calidade e 2 goles, un deles definitivo

Si te ha gustado, ¡comparte!