¡Compartelo en las redes sociales!
CRÓNICA BENXAMÍN A MEICENDE GRANDE. 30/11/19 11:00H
Cuarta xornada de liga, que tras o descanso por calendario, nos enfrontaba ó líder, Atl San Pedro.
Partíamos de inicio con Andrea;
Antón, Adrián
Cristian, Brais
Alma, Carmen Pereira e Carmen Lauzara (hoxe capitana).
Completaron a convocatoria Izan, Alessandra, Claudia, Xoel e Rega.
Estiveron ausentes por enfermidade Samuel e Carmen Méndez.
Unha primeira metade bastante desordenada, onde non vixiamos adecuadamente a retaguarda cando perdíamos balón e estivemos a mercede do líder nas contras, que afortunadamente non culminaron en moitas o casións o que evitou, xunto coas xa habituais intervencións de Andrea, unha goleada maior.
Perdíamos moi rápido a posesión, non buscamos o pase e apoio ó compañeiro tal e como pedía o xogo e collíannos a miudo desamparados en defensa pola incorporación ó ataque de forma incontrolada das liñas de medio e defensa.
Tras o descanso, o cun 0-2 no marcador, decidín cambiar a situación no campo para dar máis consistencia á defensa, volvendo a utilizar a defensa de 3 para conter un pouco o xogo do Atl San Pedro e ter opcións de achegarnos no resultado.
Mais a falla de intensidade á hora de defender, a saída a trompicóns ou pelotazos para crear en ataque e a insistencia do rival cara a nosa portería, fixo que o líder se afianzase no primeiro posto con tres goles máis.
O final do encontro, un penalti (que tivemos que repetir) xenerado por Claudia e transformado por Carmen Lauzara dounos o gol d honra.
Un encontro do que aprender, onde resaltar a necesidade de traballar a intensidade defensiva dende a liña de ataque, e que nos vai indicando o camiño do que imos facendo ben así como os as pectos do xogo que debemos mellorar.
Unha para todas e todos para un. Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Destacada para o once ideal:
Carmen Pereira, por darlle equilibrio e sentido ó xogo, así como a súa solidariedade á hora de axudar en tarefas defensivas, dende as 3 posicións en que xogou (nas 3 liñas, ataque, defensa e mediocampo)

Si te ha gustado, ¡comparte!