Benjamín A
SPORTING CAMBRE -
BENJAMÍN A SCD PASTORIZA -


¡Compartelo en las redes sociales!
CRONICA BENXAMÍN A SP.CAMBRE-PASTORIZA 07/12/19 11:30 CAMPO DANI MALLO-CAMBRE

Na visita a terras cambresas, viaxamos con ilusión de seguir sumando puntos para o noso equipo, a pesar de ser un rival complicado.

Partíamos de inicio con Andrea; Alessandra, Carmen Pereira e Adrián; Cristian; Xoel(hoxe capitán) Carmen Lauzara e Rega. Completaron convocatoria Carmen Méndez,

Alma, Izan e Claudia. Tamén estiveron presentes, a pesar de causar baixa por lesión e enfermidade Antón e Samuel, que nos acompañaron no banquillo para dar máis forza ó equipo e animalos. Estiveron ausentes Brais e Ismael, que agardamos contar con eles para a vindeira xornada.

Un partido que se nos puxo de cara ós 6 minutos grazas a un portentoso Rega, que abriu o marcador cun gol de xogada individual. Ós 15 minutos, Carmen Lauzara consigue o segundo para o Pastoriza. Mais o Sp. Cambre impulsaba cara diante, e creando xogadas combinativas e aproveitando algunha imprecisión pola nosa parte, logrou poñer o 1-2 no marcador ó descanso.

A nosa premisa era clara, xogar sen medo, buscando ó compañeiro libre, mesmo que fose a nosa porteira e non deixar de facer o noso xogo aínda que o marcador aprete. Estamos en fase formativa e temos que acostumar ás nosas nenas/os que disfruten xogando sen importar o resultado, sen presión, facendo o que adestramos pola semana. E así foi como no segundo tempo, logramos chegar en multitude de ocasións. Nunha delas, tras varios rechaces no área, Cristian estivo listo e empurrou en boca de gol para lograr o terceiro da mañán. A pesar de que os de Cambre reduciron distancia con 2-3, os últimos 10 minutos foi un monólogo de ataque do Pastoriza en campo rival, onde combinamos, tiramos de media distancia, chegamos con balóns centrados de banda (que foi o principal concepto de adestramento esta semana), entramos en conducción individual ate a área e provocamos unha chea de ocasións de perigo, se ben non se moviu o marcador.

Destacar a labor defensiva de Alessandra e Carmen Pereira, que con serenidade e tranquilidade na súa labor transmitiron confianza ó resto do equipo. Tamén destacaría a Rega, desequilibrante en ataque e puñal incisivo na defensa rival, que tamén cumpriu en defensa cando xogou de lateral. E en xeral a todo o equipo, que estivo nunha liña de implicación e traballo ante un rival que non nos dou tregua durante ¾ de partido e que soupemos aguantar cun marcador axustado ate o tramo final sen deixar de atacar en ningún momento. Divertirse atacando é a mellor defensa que podemos ter. E se estamos en campo contrario con posesión de balón moito mellor para nós. Ese é o obxectivo e hoxe así o fixemos.

Unha para todas e todos para un! Forza Pastoriza!

PABLO MARIÑO

Destacado para o Once Ideal: Rega, extremo dereito desequilibrante en ataque, calidade nas botas e esforzo en defensa axudando ó equipo. Ademáis abriu a lata cun gol de xogada personal.

Si te ha gustado, ¡comparte!