Alevín A
Brexo Lema -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!


Segunda xornada consecutiva fóra da casa, nun campo de condicións moi similares as do noso campo.
Inda que non foi o noso mellor partido en canto a colocación defensiva nin na saída de balón (que é no que máis insistimos polo de agora) sí melloramos moito na aptitude e na desputa do balón, o que nos axudou a cometer menos erros por falta de concentración e recibir moitos menos goles.
Tamén hai que destacar que os problemas na saida do balón e no posicionamento defensivo, en gran medida se debiu o cambio de posicións nos rapaces. Estes cambios tamén provocaron, sen quitarlle ningún merito ó Brexo, varios goles que chegan por levar de forma inconsciente, a linea defensiva moi arriba, o que complicou as tarefas de marcaxe e emparellamento dos rapaces nos laterais.
Inda así moitas desas xogadas, que acabaron en gol, recoñecendo que non é o que entrenamos, por moi pouquiño non chegamos a presión que de chagar o rival o pasaría moi mal, como se desmostrou en varias ocasións, e no gol de Brais.
Estamos preto de conseguir a consistencia e equilibrio no equipo, que nos fará poñer en apretos ó rival en máis fases do xogo.
Ogallás consigamos manter e aumentar a intensidade as gañas e a concentración o resto do torneo.
Nos vindeiros partidos, continuaremos coas rotacións nos posicionamientos, para dar a mellor formación posible ós cativos.
Xa tivemos partidos nos que saimos ben co balón, outros con bo colocamento defensivo e este con boa aptitude.
Tarde ou temprano conseguiremos que estas circunstancias se manifesten máis a miudo e por máis tempo nos encontros, e desputaremos máis  todas as fases do xogo ós nosos rivais.

Seguiremos traballando.

Iván
Si te ha gustado, ¡comparte!