Iniciación
SCD PASTORIZA - 0
PAIOSACO - 0


¡Compartelo en las redes sociales!
Na mañán do sabado retomamos o fútbol 5 para comprobar as evolucións dos máis cativos do clube. A intensa choiva antes do partido, deixou un campo irregular e resbaladizo, que dificultarían o xogo levandoo a un terreo máis físico.
Saltamos o campo con Sergio, Eneko, Adrí López, Juan Miguel e Mateo García como xogadores de primeiro ano, e con Hugo, Martín Castro, Mateo Rey e Martiño como veteranos; Anxo, Miki e Edgar irían cedidos co Prebenxamín B.

Xa nos temíamos, que tras o recital da semana anterior, ía ser moi difícil manter o nivel de pases e xogo... E así foi, comezamos abusando das conduccións, propias da categoría e bastante despistados. Poucas veces conseguimos estar ben situados e facer o noso traballo en cada parcela, polo menos de forma contínua. O despiste foise xeneralizando no equipo e pouco a pouco e non tivemos orde nas posicións, nin en ataque nin en defensa.
O partido transformouse nun ida e volta contínuo, sen un dominador claro, onde os rapaces co físico máis desenrolado gozaban de máis contacto co balón.
Poucas veces intentamos xogar o balón a través de combinacións e menos conseguimos atravesar o medio campo combinando.
En moitas fases do encontro voltamos a tropezarnos e achicar o espacio dos propios compañeiros xenerando máis dúbidas o compañeiro co balón.

A falta de concentración colectiva impediu calquer intento de xogo que non fosen conduccións individuais, moitas delas acabarían en goles o noso favor ou con perigo sobre a meta rival, tamén é certo que provocaban moito desorde nas nosas lineas do cal sacaba tallada o equipo rival.

Nos saques de banda tamén estivemos moi frouxos e con moitas dúbidas.

No lado positivo hai que destacar que case sempre utilizamos a parte correcta do pé para os controis e desplazamentos de balón, así como unha actitude deportiva.

Queda seguir traballando para asentar o progreso conseguido nos entrenos e voltar a traballar nas bases do "noso xogo" para poder reflexalo nos partidos.

Si te ha gustado, ¡comparte!