Iniciación
INICIACION - 0
INTERANCIONAL EIRIS - 0


¡Compartelo en las redes sociales!
Primeira xornada do Trofeo Calasancias de Biberóns, disputada na mañan do domingo.
Tras o partido de F5 en herba natural, cambiamos de superficie na pista de Fútbol Sala de Calasancias.

A diferencia do día anterior, o groso do equipo estaría composto polos veteráns con Hugo, Martín, Miki, Edgar, Anxo e Martiño e Sergío e Mateo García de primeiro ano.

Inda que non demos a nosa mellor versión, sí poidemos comprobar a progresión dos cativos en moitos aspectos, especialmente nas conduccións (cara porta rival, co balón sempre próximo o pé e ben controlado tanto nos cambios de ritmo como nos cambios de dirección, e con gran velocidade) e nas finalizacións sobre a porta rival (boa elección da zona de golpeo e case sempre buscando os lados da portería).
Non foi o partido no que estivemos mellor colocados, pero sí mantivemos un orde.

Este fin de semana, parece que non fixeron mella as tareas de pase e control, e non os intentamos moito.
Tamén estivemos bastante dubitativos nas xogadas a balón parado e non realizamos ben as marcas.

Temos que destacar que chegamos con moito perigo a meta rival (case sempre con conduccións individuais) e que só a gran actuación do porteiro rival evitou que nos distanciasemos no marcador.

O fin de semana recalcounos que temos que traballar máis no pase e en manter a concentración, nos atopamos con algunhas situacións que xa deberíamos ter "dominadas" e ainda nos causan dúbidas, así que a seguir traballando e correxir as tareas nos entrenos para seguir mellorando.
Si te ha gustado, ¡comparte!