¡Compartelo en las redes sociales!
STA. CRUZ – PASTORIZA 18:45H CAMPO OS REGOS (OLEIROS) 25/10/2019
Partido adiantado da terceira xornada deste Torneo Benxamín Mariñas-Arteixo do grupo J que nos levou a a terras oleirenses para xogar contra o Sta. Cruz.
Neste encontro saímos de inicio con Andrea na portería; Adrian, Carmen e Samuel en liña defensava; Cristian no mediocampo; Claudia, Izan e Brais na liña de ataque.
Completaron a convocatoria Alma, Carmen Lauzara, Alessandra, Rega e Antón (que volvía despois de un mes lesionado). Estiveron ausentes Carmen Méndez e Xoel.
Comezamos xogando sen medo ó ataque, mais unha contra do Sta. Cruz adiantou ó equipo local no marcador antes dos 5 minutos.Respondemos rápidamente cun gol de Adrián Castro equilibrando o marcador. Un espectacular tiro de media distancia dunha falta executada polo número 4 do equipo rival, ante o que nada puido facer Andrea(que como sempre estivo inconmensurable con paradas de auténtica felina, que impediu que caera algún gol máis na nosa contra) púxonos en desvantaxe.
Mais seguindo co toma e daca constante no partido, Carmen Lauzara empatou xusto antes do descanso. Gostaríame destacar desta primeira metade unha xogada combinativa do Pastoriza que saíndo dende a nosa portería, logramos dar 13 pases seguidos e finalizar. Fantástica acción!! (a pesar de que o partido era un ida e volta seguido por parte dos dous contendentes, con velocidade, contras e rapidez - o Sta. Cruz fíxonos correr moitas cara atrás con boas contras pola súa parte, bastante ben solventadas pol@s nos@s nen@s, aínda que nos lastrou bastante no eido físico á hora de voltar á carga, se ben non deixamos de insistir e plantarnos na súa área unha e outra vez).
Como se non houbese parón, arrancou o encontro con outro gol a prol do Pastoriza a cargo de Rega, o que nos dou alas. Tivemos un bo inicio de segundo tempo, con grandes acción por parte de Alma que creou constante perigo e ocasións para a nosa escadra. Mais un arreón final do Sta Cruz nos últimos 12 minutos de encontro fixo que o marcador se inclinase cun 3-5 definitivo para o equipo do concello alfareiro.
Encontro vistoso para a grada, con moitos goles polos dous bandos, con grandes acción de uns e outros e cunha deportividade óptima polas dúas partes, onde ante golpes e patadas involuntarias propias do xogo, tanto os de Pastoriza como os de Sta. Cruz reaccionaron inmediatamente preocupándose polo estado de saúde do rival. Digno de mencionar unha acción en que Carmen Lauzara pisa a un rival sen querer, quédase con el disculpándose e avisa ó árbitro para que o atendan. Chapeau!!
O dito, boas cousiñas que se viron en Os Regos o venres pola tarde nunha velada intensa, con goles e moi dinámica no futbolístico. Así da gusto!!
A seguir traballando para mellorar algún detalles, sobre todo na parcela defensiva, e a seguir disgrutando da creatividade e valentía d@s nos@s nen@s na cancha.
Unha para todas, e todos para un!! Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Para o Once Ideal, Alma Reiriz, polo seu desborde en ataque, apoio en defensa e valentía á hora de coller o balón e crear para o equipo.

Si te ha gustado, ¡comparte!