¡Compartelo en las redes sociales!
Segunda xornada das nosas pequeñas nesta primeira Liga Galega Promesas Femenina.
O noso rival era o potente Orzán da Coruña.
Pola nosa parte participaron Icía na portería, Alessandra, Carlota e Noelia en defensa;
Aldara no mediocampo e Carmen, Lucía Vázquez e Lucía Vilar(Capitana hoxe) en liña
de ataque. Completaron convocatoria Ana, Alba, Paula, Elisa e Sofía. Ausentes por
enfermidade Marta, lesión Glory e Noa, Vera e Lucía Lauzara non poideron asistir.
Na portería hoxe xogaron Icía na primeira metade e Carmen na segunda, dentro dunha
rotación que irá levandoas a todas, ou case todas se se pode, a pasar por ese posto tan
específico.
Un partido onde nos atopamos un Orzán impoñente, con nenas case todas alevíns, o cal
xa imponía físicamente de saída, e despois plasmaron no campo o feito de levar xa 2
anos xogando xuntas e na liga masculina. Sen avasallar, pois xa se deron elas mesma e
as adestradoras da súa superioridade, sí nos ían facendo goles pouco a pouco. As nosas
nenas tentaban xogar o balón dende atrás, como adestramos, presionando ó equipo rival
cando perdíamos o balón no seu campo como se lles pediu e dando todo o que levan
dentro. A ilusión, a pesar da diferencia no marcador, non no la quitaba ninguén. E
seguíamos indo contra os muíños orzanianos co sorriso na cara. Iso val millóns!!
O Orzán baixou o pistón xa no final da primeira metade, dándonos o noso campo todo
para avanzar. Continuou a súa “solidaridade” con nós na segunda metade, dándo opción
a que as nosas rapazas poideran disfrutar tentando xogar o balón. Como dicía a súa
adestradora Laura, “nós xa estivemos nese lado da moeda o ano pasado na liga de
nenos, e sabemos o que é”. E en verdade así foi, pois as propias nenas do Orzán
deixaban xogar e cando tiñan o balón, avanzaban mais sen machacar. Agradécese que se
inculque ás nenas dende pequenas que para gañar e disfrutar non é abusar de ninguén.
Pola nosa banda, participamos todas as nenas moito, con rotacións constante no
banquillo e mesmo de posición no propio partido dalgunhas xogadoras. Probar, ver e
correxir ou cambiar para mellorar. Ese ten que ser o camiño neste equipo de formación.
E por suposto,…disfrutar!!!
O vindeiro fin de semana tócanos contra as nosas compañeiras e amigas do Pastoriza
Alevín, nun partido histórico para o clube.
Non faltedes. Non imos decepcionar ningún dos dous equipos. E sobre todo, imos
pasalo en grande facendo un pouquiño de historia neste noso clube.
“Unha para todas e todas para unha” Xuntas facemos equipo.
Forza Pastoriza!!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!