Benjamín B
San Tirso "C" -
SCD Pastoriza "B" -


¡Compartelo en las redes sociales!


Partido contra o líder na súa casa, a unha hora pouco habitual, o que xogábamos este
sábado no campo do Monte, en San Tirso-Abegondo.
Saían de inicio Joel na portería, Junior, Ismael e Darío en defensa; Diego no
mediocampo; Adrián, hoxe capitán, Brais García e Cristian na liña ofensiva.
Completaron convocatoria Brais Rey, Kevin, Héctor e Omar. Foron ausencia por
enfermidade Samuel e Mark e Miguel e Mario non poideron asistir.
Dende o primeiro momento, o San Tirso fixo valer a súa condición de líder, acosando a
nosa área. Aguantamos o envite unha e outra vez, dun equipo que xogaba en curto, ás
bandas, tiraba dende fóra da área,… o líder. Era cuestión de tempo que tanta
acurralamento lograra acabar en gol. Tardaron quince minutos, onde os nosos rapaces
aguantaron estoicamente a avalancha santirsiana. Cinco minutos máis tarde caiu o
segundo por parte dos rapaces de Abegondo. Acabou a primeira metade con 2-0 e un
gran esforzo defensivo de todo o equipo. Case non saímos do noso campo nesta
primeira metade , mais seguíamos con opción de remontada e así o falamos no
descanso.
Mais en iso quedou todo, en palabras. Non sei se foi pola hora, en que os estómagos xa
pedían máis comida que correr, os nosos rapaces caeron nun letargo abrumador:
xogábamos andando a maioría, pasaban os rivais ó noso carón e non interceptábamos
balón, subíamos en arreóns ó ataque e collíannos á contra e fóra de posición,… dando
como resultado 3 goles nos primeiros 15 minutos da segunda metade e un Darío
sobrepasado aguantando el só o rodillo do San Tirso. E menos mal, porque poideron ser
outros tantos. Caiu a media ducia finalizando o encontro.
Un partido para repasar pola semana, correxir os moitos erros e despistes cometidos e
aprender deles. Partidos como este axudan a mellorar, pois saen a luz as deficiencias a
correxir e fainos ver o camiño para que sexamos un equipo máis capaz.
Polo demáis, os meus parabéns os pais, nais e familiares que cada día nos acompañan e
apoian, e dan unha lección de deportividade e valores cos seus nenos, sempre animando
e que o máis importante e que os rapaces fagan deporte, convivan e disfruten. Ese é o
obxectivo.
Esta semana, a voltar a adestrar con ilusión, correxir erros e aprender deles. E o sábado,
derbi co Atl. Arteixo. Alí nos vemos.
“Un para todos e todos para un”.
Forza Pastoriza!!

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!