Prebenjamín B
SCD PASTORIZA - 0
STA MARIA DEL MAR - 0


¡Compartelo en las redes sociales!
O sábado, aproveitamos o descanso no fútbol sala, para desputar un amigable de F5 con Santa María del Mar.
Unha boa mañán de entroido que nos custou baixas polos viaxes familiares, algo que xa é unha constante. Así para este encontro tivemos que voltar a tirar de efectivos no equipo biberón e completado a convocatoría con Marcos, Diego, Iago, Mark e Xoel como prebenxamíns e Hugo e Anxo (xa habituais dos prebenxamíns), Miki, Edgar e Martiño como biberóns.

Como éramos 5 prebenxamíns e 5 biberóns, cada equipo xogou unha das 4 partes do encontro, e en cada parte cambiamos as posicións ofensivas por defensivas e viceversa.

O encontro foi intenso, rápido e con moitas ocasións para ambos equipos (algo o que nos ten acostumbrados este formato de xogo).
Os goles caian nunha e noutra portería.
Tamén se apreciuo un tímido intento de xogo de pase e asociación entre os compañeiros que co paso do tempo esperemos que progrese e se deixe ver máis amenudo.

Hai que destarcar o bo comportamento dos nosos invitados do Colexio Sta. Maria do Mar, tanto nas gradas como no campo; é
fundamental o comportamento deportivo e con intención formativa para que o formato de F5 sexa válido e funcione do xeito que o fixo este sábado.

Pouco a pouco imos vendo progreso nas parcelas que traballamos, e os avances con este formato enchen de sombras o F8 nas etapas de iniciación.
O tempo nos dará a razón.
Si te ha gustado, ¡comparte!