Benjamín A
MEICENDE -
BENJAMÍN SCD PASTORIZA -


¡Compartelo en las redes sociales!

Comezábamos este sábado o Torneo Benxamín As Mariñas, encadrados no grupo J, con Atl. Arteixo, Sta. Cruz e Luis Calvo.
Debutábamos ante os nosos veciños da capital do concello en Meicende. Contamos coa participación de Andrea, Rega, Adrian, Samuel, Alma, Cristian, Brais, Carmen Lauzara, Carmen Pereira, Carmen Méndez, Claudia e Alessandra. Tamén contamos coa presenza de Antón, lesionado, mais que non quixo perder a ocasión de apoiar dende o banquillo ás súas compañeir@s con muletas incluídas. Agradecer tamén a Nydia a súa axuda como segunda adestradora. E tamén destacamos na previa, que felicitamos no vestiario a Samuel, que o sábado estaba de cumpreanos, e o noso regalo como equipo foi darlle o brazalete de capitán.
O encontro empezou bastante igualado, nun toma e daca, que aproveitou o Arteixo para adiantarse ós poucos minutos. Mais rápidamente contrarrestado por un gol á contra, cun gran pase en profundidade de Carmen Méndez que Brais se encargou de mandar ó fondo da rede.
Mais a alegría durou pouco, pois un Arteixo en tromba materializou rápidamente dous goles máis que nos levou ó descanso algo tocad@s.
Na segunda metade, intentamos facer un xogo máis combinativo, tratar de manter o balón e meter algo máis de intensidade en defensa, que quizaves foi o noso punto fraco neste encontro, o cal temos que mellorar nos adestramentos
O Atl. Arteixo, con Sergio Calviño liderandoo, metiu a quinta marcha e enchiu o noso saco con catro tantos máis.
O de menos é o resultado, o importante e aprender, correxir e mellorar as parcelas nas que tivemos déficit. Polo demáis, as rapazas e rapaces do Benxamín A do Pastoriza, deron todo de sí en entrega, esforzo e deportividade. E tendo isto, o demáis vai ir vindo por sí so cun pouco máis de traballo. Tempo ó tempo.
Unha para todas e todos para un. Pastoriza oé!!!

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!