Iniciación
Triangular de Antroido -
Triangular de Antroido -


¡Compartelo en las redes sociales!


O pasado sábado 10 de xaneiro, en pleno Antroido, acudiron os nosos Biberóns ó seu
terceiro torneo esta tempada ( o primeiro fora o Torneo Solidario ASANOG e o
segundo o Torneo de Nadal do Imperator OAR).
Nesta ocasión, os nosos rapaces compartían xornada deportiva coas Escolas de Fútbol
Luis Calvo Sanz, de Carballo. O seu adestrador-educador é Fernando Villar, amigo e
coñecido da xente de Pastoriza, ó cal agradecemos a súa presenza e colaboración neste
triangular así como a David Iglesias, o Coordinador das Escolas Luis Calvo. Tamén
agradecemos a Roberto, o señor colexiado, que veu botarnos un cabo para darlle un
mellor empaque ós partidos e ir acostumando ós nenos a figura do árbitro, que tamén
forma parte do xogo do fútbol. E tamén por suposto, a todos os pais e nais e familiares
que se achegaron ate Meicende. Sodes a bomba, e os vosos nenos agradécenvolo.
Mariño, tamén.
Os nosos rapaces (Mateo, Nicolás, Bruno, Iker, Leo, Leandro, Diego Moscoso, Diego
Rodríguez, Daniel Santiso e Daniel Muíños) disputaron no Pavillón Municipal de
Meicende 2 partidos para ir complementando a súa formación futbolística e personal,
dado que o principal obxectivo nesta categoría non é competir, senón divertirse,
socializar con outros rapaces, ir creando unha boa base psicomotriz e ir introducindo
reglas e conceptos básicos do xogo do fútbol. Mais iso non quita que de vez en cando,
tamén sexa convinte e motivante introducir partidos con outras entidades.
Neste triangular, non había resultado final, e todos os rapaces xogaron os mesmos
minutos aproximadamente (salvo Iker, que tardamos en incorporalo ao xogo ate o
segundo partido, pois tiña unha mañán de non. Tampouco pasa nada, todos temos un día
de non, certo? Para a próxima máis e mellor, verdade Iker?
A distribución dos partidos foi de 3 tempos de 7 min cada tempo.
Comezamos Luis Calvo 1 contra Pastoriza. Seguiu Luis Calvo 1 contra Luis Calvo 2 e
pechamos Luis Calvo 2 contra Pastoriza.
O noso equipo utilizou 3 rapaces na posición de porteiro (Diego Rodríguez, Dani
Santiso e Diego Moscoso) e o resto dos rapaces foron participando en diferentes
combinacións, aínda que a máis utilizada foi a de idades similares. Os Mateo, Bruno,
Dani Santiso, Diego Rodríguez e Nico de 5 anos coincidiron máis en pista, e Leo,
Leandro, Diego Moscoso e Iker de 4 tamén compartiron máis minutos xuntos. O caso
de Dani Muíños, de 4 anos, como última incorporación ó equipo esta mesma semana do
triangular, levounos a misturalo máis simplemente para que o coñecesen e coñecese el
ós compañeiros todos, pois só coincidiran nun adestramento.
O resumo para o adestrado Mariño é máis que positivo, pois os rapaces estaban
contentos ( e desexosos de xogar contra “equipos de verdade” como din eles. Algún
dixo se podíamos traer a Deportivo ou a España, mais dixémoslle que este sábado
estaban ocupados os dous e non podía ser. Tentaríamolo para a próxima vez),conviviron
con outros nenos diferentes ós do seu día a día e foron plasmando pequenas evolucións
e aprendizaxes no xogo do fútbol. E pouco a pouco, imos facendo camiño. Unha aperta
e… Un para todos e todos para un!!!

Pablo Mariño.
Si te ha gustado, ¡comparte!