¡Compartelo en las redes sociales!
Un ano máis, os nosos Biberóns foron convidados ó Torneo de Nadal do Imperator, que
se celebrou no pavillón polideportivo da Sagrada Familia na Coruña.
O torneo constaba de 2 días, 26 e 28 de decembro, onde xogaban 5 partidos o mércores
(Apertura) e 3 o venres (Clausura).
No grupo do Pastoriza do Apertura estaban o Sagrada Familia, Torre, Calansancias, Oza
Juvenil e Orillamar.
Ese primeiro día acudimos a representar ó noso clube os seguintes rapaces:
Nico, Leo, Iker Turrado, Iker Barbazán, André, Diego Rodríguez, Diego Moscoso,
Mateo, Artai, Dani Muiños, Leandro e Hugo. Estiveron ausentes por diferentes motivos
Achraf, Rai, Xabi, Xoel, Manu e Eric. Somos unha boa tropa, como xa podedes ver.
E así o fixemos ver no torneo, onde estivemos moi activos e participativos, cun
comportamento moi bó por parte de todos os rapaces e por suposto por parte de pais,
nais, avós e avoas e outros familiares que acudiron ó torneo, sendo un exemplo de
colaboración e apoio ó equipo. Dende aquí, Dani e Mariño queremos agradecervos ó
voso compromiso co equipo biberón e a permanente axuda para con nós.
O venres, tivemos como equipos compañeiros de torneo ó Calasancias, Batallador e Oza
Juvenil. Non poidemos contar coa participación de Diego Moscoso e Nico que sí
estiveran o mércores.
Foi esta unha xornada deportivamente moi intensa, pois aparte da diversión dos nosos
nenos e familiares, así como dos adestradores, no campo logramos un lote de goles, que
sempre alegran, independentemente do resultado. A verdade é que non apuntei nin un só
resultado pois para nada é o obxectivo da nosa categoría, pero sí apuntei un lote de
sorrisos e celebracións variopintas na miña mente dos goles dos nosos nenos. Iso sí que
é un gran resultado para min.
Dicir que este torneo, aparte dunha moi boa organización e un trato magnífico por parte
da xente do Imperator (de toda, dende o emblemático Mitolis á fronte do avitualamento
de froita e auga, ate os nenos Infantís que acompañaban a cada equipo durante toda a
tarde para o que fose preciso) ten unha gran carga solidaria, onde se podía colaborar con
roupa, xoguetes e alimentos para axudar ás persoas máis desfavorecidas nunhas datas
tan simbólicas. Os meus parabéns polo obxectivo e o meu aplauso polo enorme traballo
desinteresado destas persoas, destes amigos.
Pouco máis que engadir, aparte de que os nosos Biberóns van aprendendo e mellorando,
pouco a pouco, pero van. Quédalles todo por diante, a nosa labor é ir poñéndoos nas
vías, que xa eles irán poñendo a súa locomotora persoal e futboleira en marcha.
Encarrilados van. O camiño dirá.
Boas Festas a todos, e que os Magos sexan considerados con estes nosos pequenos
grandes mosqueteiros.
“Un para todos e todos para un”
Forza Pastoriza!!
PABLO MARIÑO
Si te ha gustado, ¡comparte!