¡Compartelo en las redes sociales!
Chegou o derbi do concello, o segundo clasificado da liga, partido que a todos gusta xogar pero que ante un rival deste potencial a falta de ganas e de bos adestramentos para que os rapaces melloren nótase. Primeiros 15 minutos malos, falta de ganas e de estar colocados no campo faría que o rival se adiantase de cabeza nun novo córner (perdin a conta de cantos van), a partir de ahí empezaríase a competir, con máis ganas que bo xogo chegariase a portería rival, pero o marcador non se movería e chegariamos o descanso con ese 0-1 que nos mantiña no partido. O segundo tempo empezou como acabou o primeiro, pero o segundo gol do rival en posible fora de xogo e o terceiro nun despiste de Dani no minuto 20 do segundo tempo fixo que os rapaces se desanimasen. Felicitar o rival polo bo xogo e nos toca volver a entrenar forte si se quere seguir competindo, forza Pastoriza.
Gabin
Si te ha gustado, ¡comparte!