¡Compartelo en las redes sociales!
Hoxe domingo 11 de novembro de 2018, foi un gran día para o noso clube. Tiña lugar o
primeiro encontro da pioneira Liga Promesas Feminina (grupo norte) onde o Pastoriza
vai ter 2 representantes: Prebenxamín- Benxamín e Alevín. Un grupo de 6 equipos,
onde a terceira parte a representa o noso clube. Sobran palabras.
O equipo Benxa-Pre(imos denominar así, para acurtar), debutaba ante o Victoria de
Santiago de Compostela, coas seguintes nenas: Vera, Icía, Lucía Vilar, Noelia,
Alessandra, Carlota, Aldara e Carmen, de inicio, completando a convoatoria Lucía
Lauzara, Gloria, Alba, Ana, Paula, Marta, Elisa e Sofía. Non poideron estar Lucía
Vázquez e Noa.
O de menos no día de hoxe era o resultado, pois estaba a suceder algo histórico na
historia do noso clube. Alguén, fai un ano máis ou menos, tivo a visión e a ilusión e
puxo moito esforzo e traballo para crear no Pastoriza equipos de base femininos.
Comezou con 7 nenas. Hoxe, un ano despois, hai máis de 30 fichas entre Prebenxamín,
Benxamín e Alevín. Tamén hai 4 nenas xogando cos infantís. Quen da máis? Ese alguén
ten nome e apelidos: Pablo Luis Pérez Vázquez, o noso Coordinador, e aínda que a él
sei que non lle gusta que eu o diga así de claro, coido que ás veces ós sonos logrados hai
que darlle nome, apelidos e mote: Yiyo.
Indo ó partido, as nosas nenas deron batalla a un superior Victoria, aínda que a
diferenza de idade e calidade se plasmou rápidamente no marcador, poñéndose 0-3 a
favor das compostelanas. O Pastoriza tentaba facer o adestrado, sacando o balón dende
a portería xogando por banda, buscando pases e tentando progresar. Ben é verdade que
nos custaba bastante coa oposición dun rival tan cualificado. Mais tentábamolo unha e
outra vez. En defensa, procurando evitar a finalización do equipo rival, que se plantaba
con sobrada eficacia na nosa área.
Xa con este resultado de 0-3 (vendo a súa superioridade,e durante toda a segunda
metade, onde chegaron ate a media ducia) é digno de mencionar e indica o bon facer e
fair play das adestradoras do equipo compostelán, que estas mandaban ás súas
xogadoras agardar no seu campo e non presionar ás nosas, para que estas poideran
participar e disfrutar do partido sen ser avasalladas. E isto é digno de mencionar digo,
porque nestes valores educamos as nosas nenas e gusta ver que outras tamén o fan,
porque tan importante é saber perder con alegría e dignidade como nós o fixemos hoxe,
como tamén é importante saber gañar sen falla de humillar nin pisotear ó rival, como
fixo o Victoria. Hoxe, todas aprendemos. Hoxe todas fixemos un pouquiño de historia.
Hoxe todas disfrutamos deste fantástico deporte, que cando se practica como tal, é dos
máis maravillosos do mundo.
Xuntas facemos equipo!!!
Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!