¡Compartelo en las redes sociales!
Tras a xornada de descanso da semana pasada por calendario, voltábamos este sábado a xogar. Facíamolo en Meicende e contra o Sp. Cambre.
Omar, Brais Rey, Darío, Junior, Cristian, Ismael, Brais García e Samuel saltaron de inicio, completando hoxe a convocatória Kevin, Adrian, Joel, Diego, Mark e Héctor. Tiveron que quedar fóra Miguel e Mario. Agradézolles a súa total comprensión cunha decisión que de momento non se dera: a de facer convocatoria. Aceptáronno con total deportividade. Esa é a actitude.
O partido púxose de cara rápidamente, e no minuto 10 xa estábamos 2-0 a favor do Pastoriza.
O equipo estaba a xogar ben, buscando pases, xogando ordenados e ocupando os espazos segundo o falado e adestrado. Esta semana tiñan os rapaces a premisa de encarar e buscar, sen medo a equivocarse, a portería contraria. Ben con recurso de pases, ben progresando co balón individualmente, regateando ou tirando a gol unha vez superados os ¾ de campo. E esa deshinibición viuse plasmada no primeiro cuarto de hora.
Dúas boas accións do Cambre e menos de 5 minutos, igualaron o marcador.
Sen baixar os brazos, seguimos intentándoo. A pesar de que o rival se adiantou no marcador e chegou a poñerse na segunda metade 2-4, o Pastoriza nunca baixou os brazos, creando 3 ocasións moi claras de gol que non plasmamos no marcador, mais sí que fixo darnos esperanzas ate o final. Os nosos rapaces loitaban, presionaban ó contrario, tentaban combinar, e na parcela de finalización, proxectaron o traballo dos adestramentos desta semana, abrindo balón á banda e buscando centros á área. Esta insistencia fixo que unha falta ó borde da área, nos dese a posibilidade de poñernos 3-4 no último suspiro, grazas a unha magnífica transformación de Darío, hoxe omnipresente en defensa e en ataque. Mais o reloxio non daba para máis. O partido rematou con ese resultado, mais o esforzo e ilusión dos rapaces de non dar por perdido o partido ate o último minuto fala moito e ben deste equipo, que cada día mellora un pouquiño e cada día xoga máis como equipo aplicando o adestrado. Ese é o fin: que aprendan e o poñan en práctica. Así mesmo, cada vez os rapaces pensan máis en global e menos no seu proveito persoal, o cal redunda no ben deste grupo. Pasiño a pasiño, faremos camiño. Como?
Sendo “un para todos, e todos para un”
Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño.
Si te ha gustado, ¡comparte!