Benjamín C femenino
SCD Pastoriza "C" - 0
Luis Calvo - 8


¡Compartelo en las redes sociales!


Adiantamos o partido desta xornada para o venres 30, ante o equipo das Escolas Luis
Calvo de Carballo. Unha formación contra a que xogáramos neste mesmo mes un
amigable e da que xa coñecíamos o seu potencial.
No encontro deste día, recuperamos efectivos con respecto á semana pasada, que
estábamos en cuadro. Voltaban Alessandra, Gloria, Noelia e Alba. Asímesmo, estivo
con nós Icía, que aínda que segue de baixa por lesión na rodilla, tivo a ben
acompañarnos para animar ás súas compañeiras.
Participaron de saída Vera, Carlota, Alessandra, Carmen, Paula, Noelia, Marta e Lucía
Vázquez. Completaron convocatoria Gloria, Elisa, Sofía, Ana e Alba. Non puideron
estar por diferentes motivos Lucía Vilar e Aldara.
O encontro comenzou cun arrollador Luis Calvo, que fixo valer a maior idade das súas
compoñentes e poderío físico ante as nosas xogadoras. Mais isto non restou que as
nosas rapazas o tentaran unha e outra vez, sen desánimo e con toda a ilusión de defender
as nosas cores.
Rematamos a primeira metade cun resultado adverso de 0-4, completado na segunda
con outro igual, finalizando o encontro cun 0-8. Sendo o de menos o resultado, cabe
destacar o esforzo e superación do noso equipo, que a pesar de ter a media de idade
máis baixa da Liga Promesas ten as gañas máis altas que ninguén.
Cada día imos mellorando un pouquiño, cada vez van saíndo máis cousas e pouco a
pouco imos facendo camiño de formación e aprendizaxe.
Curtidas na adversidade dos resultados e na superioridade en idade e forza física das
rivais, seguimos coa mesma ilusión e gañas que o primeiro día. Ese é a mellor victoria
que podemos ter: aprender a seguir a pesar das adversidades, e sempre cun sorriso nas
caras das nosas nenas. Alguén da máis?
“Unha para todas e todas para unha”. Xuntas facemos equipo. Forza Pastoriza
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!