Benjamín B
Portzago -
SCD Pastoriza "B" -


¡Compartelo en las redes sociales!


Xogaba o noso benxamin B este sábado na Zapateira, a unha hora pouco habitual, pois
xa pide máis o corpo xantar que xogar.
Arrincamos o encontro con Joel na portería, Brais Rey, Darío e Brais García en defensa;
mediocampo para Ismael e na liña de ataque, Omar, Cristian e Junior. Completaron
convocatoria Hector, Kevin, Mark, Samuel, Diego e Adrián.
Cunha intensidade notoria, o noso equipo arrancou o encontro impoñéndose no campo
contrario, unha e otra vez, xa que no minuto 4 nos adiantamos no marcador por medio
dunha magnífica falta lanzada por Darío. A pesar de que nos empataron o encontro
rápidamente, seguimos a dominar e acurralar ó Portazgo, con varias chegadas á área,
culminadas ó 10 minutos por outro gol do loitador e insistente Héctor. Un bó traballo de
equipo, presionando todos dende Omar, Cristian e Junior, ate unha traballadora defensa.
Un Samuel poderoso arrincando dende o lateral levou perigo pola banda dereita, Brais
G. pola esquerda sacando o balón xogado combinando con Ismael, Cristian e Adrián; un

Darío potente en defensa cortando calquer mínimo perigo, e un Joel na portería moi
seguro e contundente nos despexes.
Así rematamos a primeira metade. Mais unha baixada de intensidade e traballo así como
algún erro accidental no comezo da segunda parte, fixo que o Portazgo nos metese 3
goles en 10 minutos, e rompese o encontro, ó que nunca fumos capaces de voltar a
meternos nel. Cundiu o desánimo na maior parte dos xogadores, que daban por feito un
resultado positivo cando aínda quedaba toda a segunda parte. Exceso de confianza.
Nuns 10 minutos finais de desorden e preocupación máis por erros de compañeiros que
polos de un mesmo na nosa labor no campo, o Portazgo “cargounos o carro”, ate os 10
goles. Resultado bastante inmerecido, se ben é verdade que non podemos dar por
finalizado o encontro no descanso. E iso foi o que fixemos hoxe o Benxamín B. Toca
aprender deste exceso de confianza e correxilo e melloralo na vindeiro encontro. Unha
semana de descanso polo parón da ponte da Constitución pode ser un bó momento para
recapitular os erros cometidos neste primeiro terzo de liga e reflexionar e traballar para
tentar non voltar a cometelos. Polo demáis, quedarnos coa parte positiva que foi unha
primeira metade fantástica de todo o equipo, que temos que repetir máis veces porque
hai mimbres para iso e máis. Toca seguir traballando rapaces!!
“Un para todos e todos para un” Forza Pastoriza!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!