Iniciación B
Milagrosa -
SCD Pastoriza "C" -


¡Compartelo en las redes sociales!


Disputaban as nosas benxamíns o último partido da primeira volta (e do ano) en Lugo.
No campo Luis Gorgoso do barrio da Milagrosa da cidade da Muralla, presentábamonos
cun equipo menguado polas circunstancias, mais non por iso deixamos de cumprir coa
nosa obriga e demostrar a nosa ilusión, a ilusión destas nenas que o dan todo polo
fútbol, polo equipo e polo Pastoriza.
Participaron Icía na portería, Álessandra, Lucía Vázquez e Gloria en defensa; Carlota no
mediocampo e Carmen, Marta e Ana Souto en ataque. Tamén participou Lucía Lauzara
que completou a convocatoria pese a non atoparse en óptimas condicións tras unha
semaniña enferma.
O resto do equipo, a maioría por enfermedades propias do inverno, estivo ausente.
O partido arrancou cun Pastoriza cauteloso e comedido, pois as forzas eran as que eran,
que conseguiu aguantar un primeiro cuarto de hora moi honroso e loitador. Mais era
evidente que a diferenza de forzas e a calidade das luguesas acabaría impoñéndose. E
así foi que en 5 minutos encaixamos 3 goles. Coa entrada da número 12, Blanca
Rodríguez no equipo da Muralla, unha xogadora dunha calidade técnica espectacular,
que nos metiu 2 goles en 3 minutos, o resultado quedou apuntillado na primeira metade
índonos ó descanso cunha manciña no petate.
A segunda metade comezou con tranquilidade e freno por parte do Milagrosa e coas
nosas rapazas tentando algunha xogada individual por medio de Carmen e Carlota para
tentar reducir as diferencias. Mais no último cuarto de partido, ben polo frío e o
cansancio das nosas rapazas (tivemos que xogar con 7 este último tramo) e pola inercia
de chegada do Milagrosa á nosa área, pese a levar o freo de man posto como dicíamos
anteriormente, o marcador decantouse sobradamente para o equipo de Lugo, poñendo
un 12-0 no marcador.
Mais a nosa ilusión pese ós contratempos, a nosa ilusión pese ó frío e a falla de forzas, a
nosa ilusión pese á lesión de Icía que se mantivo no campo ate o final en pé, a nosa
ilusión por deixar a nosa pegada nun partido que viña marcado polas contrariedades
dende que saímos, con madrugón incluído,de Pastoriza, fixo, que faltando 3 minutos
para o final, unha xogada de combinación, de coraxe e insistencia entre Alessandra,
Carmen e Carlota, rematase co gol da honra desta última. Un gol de todas que
empurraron coas pernas, co pensamento e co corazón ese balón para dicir, Lugo, aquí
está o Pastoriza.
Un partido digno de recordar pola valentía, o esforzó e a ilusión ate o último momento
das nosas nenas.
Xuntas Facemos Equipo. Unha para todas e todas para unha. Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!