Benjamín C femenino
Alevín "C" -
Benjamín "C" -


¡Compartelo en las redes sociales!


Xornada histórica para o noso clube, onde se enfrentaban na I Liga Galega Promesas
Feminino Grupo Norte os noso dous representantes.
Por parte do equipo que actuaba como local, o Alevín C, que nesta liga se denomina
Pastoriza B participaron de inicio: Luna, Carla, Dunia, Jimena, Yasmin, Lidia, Nekane e
Sheila. Completaron con Daniela, Triana, Valeria e Candela. O adestrador, Pablo Pérez.
No equipo Benxamín C, denominado nesta liga Pastoriza, saltaron ao terreo de xogo no
equipo de inicio: Vera, Elisa, Sofía, Carlota, Paula, Carmen, Lucía Vázquez e Marta. No
banco co adestrador Mariño estaba Ana. Dicir que o equipo Benxamín C non puido
contar por diferentes motivos (lesión, enfermindade, outros) con bastantes das súas
rapazas, as que queremos lembrar nesta crónica: Icía, Alessandra, Lucía Vilar, Noelia,
Alba, Aldara, Gloria e Lucía Lauzara.
Era un partido moi desigual dende un primeiro momento dada a diferencia de idades
entre un equipo e outro. Mais dado o bo facer do adestrador e das rapazas Alevíns, así
como un fair play de luxo, o encontro tivo partes de protagonismo para as nosas máis
pequeñas que non deixaron de inténtalo unha e outra vez. Aínda co freno de man posto
as Alevíns, era inevitábel que algún que outro gol subise ó marcador. Foron sete,
contrarrestado por un valiosísimo gol moral por parte das Benxamíns, que puxo unha
guinda a un pastel maravilloso creado polas masterchef dos nosos equipos femininos de
base.
Como veredes, non nomeo nin goleadoras nin destacadas, pois dende o meu punto de
vista, foi un encontro que se valorará coa distancia do tempo e será un punto referente
para o noso clube, onde todas e cada unha das participantes e das ausentes que non
poideron estar pero forman parte dos dous equipos, son protagonistas 100%. Son todas
elas, a estrela do partido.
Hai materia prima de calidade, hai ilusión a raudales, hai, xuntas, moito equipo de
presente e de futuro!!
Porque Xuntas, facemos equipo!!!
Forza Pastoriza!!


Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!