Benjamín B
SCD Pastoriza "B" -
ATL. Arteixo -


¡Compartelo en las redes sociales!


Sábado de derbi en Meicende, entre o Pastoriza B e o Atl. Arteixo B de benxamín.
Un encontro motivador de por sí para os nosos rapaces, no que todos querían xogar de
inicio, mais só podían saír oito: Omar na portería, Mario, Darío e Brais Rey en defensa;
mediocampo para Cristian e liña de dianteiros para Miguel, Kevin e Samuel. E por
suposto que participaron e moito, como sempre, os nosos non titulares hoxe: Junior,
Joel, Héctor, Mark, Diego e Adrián. Brais García non puido entrar na convocatoria por
estar enfermo e Ismael foi o outro compañeiro que o técnico fixo rotar na lista de non
convodados.
Caíanos un xerro de auga fría ós 2 minutos con gol do hoxe quíntuple goleador do
Arteixo Sergio Calviño, amigo e coñecido dos rapaces e adestrador do Pastoriza, mais
que hoxe, deportivamente falando, non tivo contemplacións.Un bó xogador e un mellor
rapaz.Pero estaba no equipo contrario.
Non baixamos os brazos e tentamos achegarnos a súa área, con algún tiro exterior,
algunha internada por banda e centro e con algunha combinación ó borde do área que
non callou de casualidade. E así, con rápidos contragolpes, o Arteixo metiunos 2 máis
nos últimos minutos da primeira metade, cun letal e rápido Sergio que parecía ter unha
moto en vez de pernas. Pero un zapatazo de Junior dende fóra da área,con toda a alma, a
un balón despexado pola defensa do Arteixo, metiunos no partido, poñendo o 1-3 ó
descanso. Gol psicolóxico, de gran efecto moral positivo. Os nosos rapaces estaban
desexando que comezase a segunda metade para remontar. Víase nos seus ollos.
Tentámolo nada máis comezar, pero as ocasións non fructificaban. Foron 10 minutos de
xogo combinativo bastante vistoso, con chegada a ¾ de campo, onde non acabábamos
xogada. E iso foi un pouco a nosa puntilla. O Arteixo puso a directa e en 4 minutos
encaixounos o repóquer, que culminou cun sexto gol, ó que parece que estamos
abonados partido tras partido, nos últimos 5 minutos.
Dicir que vin cousas moi boas durante moitos minutos dos nosos rapaces, tanto en
defensa como en ataque, que imos mellorando o adestrado e que cada vez perdemos
máis o medo a tentar cousas (ver o gol de Junior dende fóra da área: sempre lles digo
que o intenten, e hoxe tentámolo e saiu. Como este, han chegar máis).
O dito, felicitar ó noso rival, en especial a Sergio Calviño por ese lazo afectivo que
temos con el, e felicitar por suposto, ós nosos rapaces, que día a día, van dando un
pasiño, que fará un final do camiño máis bonito de andar. Xa chegaremos.
“Un para todos e todos para un”
Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!