Benjamín B
Union Campestre "B" - 4
SCD Pastoriza "B" - 6


¡Compartelo en las redes sociales!


O pasado sábado visitamos o campo do Unión Campestre, nun partido que esperábamos que fora moi emocionante e así foi desde o comezo do mesmo.
O inicio do choque foi moi igualado, ata poñerse o marcador 1-1, pero a partir deste momento os nosos nenos comezarían a tomar ventaxa ata conseguir o 1-4 co que se chegaría o desanso.
Na segunda parte o Unión Campestre foi capaz de meter dous tantos, un deles de penalti, para aproximarse no marcador. Cun 3-4 no marcador, e xa no último tramo do encontro, os nosos xogadores conseguiron marcar dous goles máis para rematar o partido cun 4-6 final, logrando así unha victoria que levabamos tempo buscando.

Nacho

Si te ha gustado, ¡comparte!