¡Compartelo en las redes sociales!
Voltábamos á competición despois do parón da semana santa. Visitábanos o Unión Campestre de
Montrove en Meicende.
Pola nosa parte, saían de inicio Joel na portería; Cristian, Darío e Brais García en defensa; Isma no
mediocampo; na dianteira, Mario (Capitán hoxe), Omar e Junior. Completaban convocatoria Kevin,
Diego, Mark, Héctor, Miguel e Samuel Paredes. Descansaban hoxe Samuel Díaz, Adrián e Brais Rey.
O partido transcurriu segundo o previsto, intentando tirar a porta dende ¾ de campo, intentando
pases, saída de balón dende atrás por banda,... En defensa contendo ben as ocasións de ataque do
Unión Campestre. Se ben nos faltaba precisión e algo de forza nos pases e intensidade na defensa,
aguantamos ben a primeira metade, en que fomos ó descanso cun 0-1 en contra, mais con bastante
confianza en remontar o partido.
Un encontro onde fixemos cambios nas posicións habituais dalgúns xogadores para que proben e
aprendan as diferentes opcións dentro do campo, así como na mesma convocatoria onde quedaron
fóra por rotación algúns xogadores dos que máis minutos levaban disputados na liga.Un dos
obxectivos desta categoría é que os nenos coñezan cando menos varias posicións no campo así
como diferentes situacións dentro do equipo (titular, suplente, non convocado) de cara a preparalos
para a súa evolución dentro deste deporte. E sempre coa condición de que todos participen e
xoguen un mínimo de minutos por encontro. E iso cúmplese certamente. Aquí todos son
importantes, todos son necesarios e todos xogan polo menos 20 minutos por encontro. E
intentamos axudar e dar oportunidades a aqueles rapaces que máis o necesitan aínda que as veces
non fagan os méritos que serían de agardar, aínda que as veces poida parecer inxusto. O fácil é non
pelexar por enganchalos a este equipo, a este deporte, a esta familia e quedarnos só cos que o fan
ben, son bós futbolísticamente, nos estudos,… Aquí, mellor ou peor, tentamos que todos entren e
que ninguén quede fóra. Esa é a miña filosofía deportiva e vital. Non ten por qué ser compartida.
Agardo que sí respetada.
Na segunda metade, voltamos á carga, seguindo coas pautas da primeira así como tamén coa
imprecisión nos pases que nos impediu concretar unhas tres ocasións favorables de ataque. Pero
perigo creámolo e intentando facer cousas que adestramos. Ese é o camiño.
Un penalti en contra, fallado pero que rematou en gol por falla de intensidade na defensa á hora do
rechace e outro gol máis mediada a segunda parte, puxeron o 0-3 no marcador, que compensamos
cun merecido gol de Mario faltando 5 minutos para o final. Merecemos algún máis, pero iso é o de
menos. Así llelo fixen saber ós nenos no vestuario: intentáchedelo, fixéchedes o que se falou e
adestrou e iso é o verdadeiro obxectivo deste equipo. Xa virán partidos en que os pases saian ben,
os tiros vaian por dentro e a defensa sexa máis contundente . Paso a paso. Adestramentro a
adestramento. Os tempos serán chegados.
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!