Benjamín B
SCD Pastoriza -
Cristo Rey -


¡Compartelo en las redes sociales!


Comezábamos a segunda volta o Benxamín B, tras o descanso a xornada anterior por
calendario.
Presentábase este partido con boas vibracións para continuar a liña ascendente de xogo
e resultados do final da primeira volta. Aínda así, unha das premisas antes de saltar ó
terreo de xogo aos xogadores do Pastoriza foi a de non confiarse en exceso, e aparte de
divertirse xogando que intentasen estar concentrados e esforzarse, pois as cousas sen
esforzo é moi difícil logralas. A maioría das veces cando menos.
Entraban de inicio no terreo de xogo Brais Rey na portería(quinto xogador que actúa
nesta posición, na liña de formación e rotación de postos que ten como obxectivo este
equipo e esta categoría); Miguel, Darío e Junior(capitán) en liña defensiva; Ismael no
mediocampo; Cristian, Brais García e Samuel na liña de ataque. Tamén formaron parte
do encontro con equidade de minutos Kevin, Adrián, Diego, Joel e Omar.
Unha primeira metade de dominio do Pastoriza nos primeiros 15 minutos que se viu
truncada por un contragolpe do Cristo Rei que se adiantou no marcador. Antes de
chegar ó descanso, outro gol do equipo de Oleiros deixou un sabor amargo a unha
primeira metade de insistencia, de tentar pases, paredes e chegar a área rival.
A pesar do marcador adverso, a convicción no descanso do equipo era que íamos
remontar na segunda metade. Mais nada máis comezar, outro mazazo co terceiro gol
rival, rompiu calquer tipo de reacción. A rotación nos cambios e nas posición de algún
xogadores non logrou o obxectivo de revolucionar o encontro e meternos no partido. E
o cuarto gol en contra finiquitou o partido. Aínda así, os nosos rapaces seguiron a dalo
todo baixo unha choiva fría e machacona, que non impediu que fixésemos uns últimos
10 minutos moi bós, de chegadas á área rival, con lanzamento de falta, saques de
esquina e algunha opción de remate, que culminou co gol da honra nas botas de Brais
García tras unha xogada de corazón do equipo, de insistencia e rebote na área rival que
o noso número 8 encargouse de materializar con toda a súa alma. Seguimos a tentar
reducir o marcardor ate o final. Se ben no conseguimos, a intención foi total. Quédome
con iso e coa loita baixo unha choiva incesante dos nosos rapaces.
Xa virán os resultados. O importante é que cadaquén fixo o seu traballo no campo,
independentemente da posición que ocupase (e neste partido fixéronse bastantes
combinacións aproveitando as circunstancias adversas que nos farán sacar conclusións
para outros días) e o máis importante é que nunca se baixaron os brazos á hora de
esforzarse a pesar do resultado adverso. Quizaves temos que comezar a esforzarnos
antes para sacar algo máis positivo en canto a resultado, pero eu teño claro que neste
partido xa aprendemos algo: non confiarnos do rival e esforzarnos polo equipo poden
darnos mellores mañáns de fútbol.
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza
PABLO MARIÑO
Si te ha gustado, ¡comparte!