Benjamín B
SCD Pastoriza "B" -
Sp. Cambre -


¡Compartelo en las redes sociales!


Recibíamos este sábado ó Sp. Cambre en Meicende para abrir a xornada. Hoxe era un día de pequenos cambios para ir cumprindo os obxectivos de formación dos nosos nenos en tanto a rotación de postos e paso polo banquillo. Quero destacar que esta semana, tanto martes como xoves, todo o equipo tivo un nivel de comportameno e implicación moi alta nos adestramentos, máis se cabe o xoves cunha xornada climatolóxicamente dura onde os rapaces estiveron ó pé do canón dándoo todo. E esa forma de adestrar ía ter o seu refrexo no encontro de hoxe.
Saímos de inicio con Brais Rey na portería; Mark, Darío e Ismael en liña defensiva; Omar no mediocampo e Adrián, Junior e Héctor en liña de ataque. Completaron convocatoria Diego, Cristian, Brais García, Samuel Díaz, Joel e Kevin. Estiveron ausentes hoxe Miguel, Mario e Samuel Paredes .
O partido púxose de cara cun gol de Junior no minuto1, que colleu un balón fóra da área e non o pensou, chutou e… gol!! Intensidade dende o minuto 1. Esa era a actitude. No minuto 9, e seguindo con esa intensidade e ambición de cara a portería contraria, buscando combinar ou progresión rápida en poucos pases, logramos o 2-0 no marcador grazas a un todoterreo Samuel, que hoxe xogou de lateral, pero estivo en todas partes.
Tras unha primeira metade na que secrearon varias ocasións de perigo, se ben non culminaron en gol, pero que ben puideron facelo, e na que o equipo estaba enchufadísimo en ataque e en defensa, chegou o descanso ben merecido para os entregados xogadores.
No comezo da segunda metade, unha pequena falla de concentración e interceptación en zona defensiva, fixo que o Sp. Cambre reducise distancias. E un pouco máis tarde, un despiste á hora de sacar o balón da nosa zona defensiva provocou un penalti en contra do Pastoriza, que se resolveu favorablemente,p ois lanzouno o xogador do Cambre ó longueiro e saiu fóra. Ahí estivo o punto de inflexión definitivo, pois de pasar ó empate e probablemente virse arriba o Cambre, o Pastoriza aprendiu e correxiu eses erros, inxectouse un plus de intensidade e xogo, e con varias xogadas combinando, logrou 2 ocasións claras na área rival, onde Kevin mereciu o premio do gol. Xa chegará. E nunha xogada de calidade e parede no mediocampo, logrou encarar Cristian pola dereita fusilando a portería cambresa e poñendo o terceiro no marcador.
E como hoxe era o día da intensidade e pundonor, faltando 2 minutos para o final do encontro, Junior pelexa por chegar a un balón que noutras circunstancias perderíase por banda, logra controlalo, cabalga pola esquerda sen que ninguén poida páralo, chega a liña de fondo e pon un centro á area que acaba rematando Héctor ó fondo da rede. Xogadón para un partido de 10 por parte dos nosos rapaces.
Intensidade, esforzo e solidadaridade fixeron que o equipo fose iso: un equipo. E cando as pezas funcionan ben, a máquina funciona mellor. Non deixedes de seguir engrasando esta fermosa máquina de facernos ilusionar. A pais e nais, a adestradores e ó clube. Moitas grazas polo partido de hoxe rapaces, pola vosa xenerosidade no campo (mesmo caendo granizo) e por facernos ver que cando se traballa un pouquiño con ganas durante a semana o partido do sábado é a guinda a ese pastel que vós mesmos elaborades nos adestramentos. Parabéns e a seguir aprendendo e medrando… en equipo. Hoxe, máis que nunca, fumos “un para todos e todos para un”. Forza Pastoriza!


Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!