¡Compartelo en las redes sociales!
Chegaba o equipo D do Paiosaco a Meicende este sábado. Esta letra denominativa fala moi ben do
traballo do equipo da Porta Santa, pois non todos teñen catro equipos nunha categoría.
Formado por nenos e nenas, a pesar de que a clasificación os coloca nos últimos lugares, a realidade
é que é todo un éxito a imitar por outros equipos. Parabéns.
Pola nosa banda, participamos de inicio con Brais Rey na portería; Adrián, Ismael e Kevin na defensa;
mediocampo para Cristian e na dianteira, Brais García, Samuel e Diego. Completamos con Mark,
Omar, Joel, Héctor e Junior. Estiveron ausentes Darío (lesión), Miguel e Mario.
O encontro comezou con bó xogo polo Pastoriza e varias ocasións que non culminamos. Levamos o
peso do encontro na primeira metade, mais o obxectivo non chegaba. E como soe pasar nestes
casos, unha contra, puxo o 0-1 para o Paiosaco. Rápidamente nos repuxemos cun gol de Cristian. Os
nosos xogadores, froito da confianza ás vees excesiva por valorar só a clasificación do equipo rival,
non mantiveron a intensidade e caiu o segundo do Paiosaco cáseque rematando a primeira metade.
Era un econtro que os nenos tiñan ganas de remontar, aínda que non estábamos a ser efectivos a
pesar das ocasións. Pero o comezo da segunda metade, Samuel colocou o empate no marcador, e
seguimos empurrando ate meter o terceiro faltando 10 minutos para o final, con gol de Cristian
outra vez. Aínda así, ate que o colexiado pitou o final, non as tivemos todas connosco.
O máis importante do encontro de hoxe, é que os nosos rapaces responderon ás múltiples variacións
de postos que se efectuaron, actuando dentro da liña de formación das escolas, para que se
acostumen e aprendan a desenrolar en diferentes posicións no campo. E iso é o verdadeiramente
importante. Ademáis o resultado tamén se agradece e eles disfrutaron moito no vestiario coa
celebración. Parabéns.
O dito, a seguir formándose como xogadores, como persoas e a respetar ó rival a pesar do que diga a
clasificación.
Desacados: Brais García, todoterreno e implicación máxima e Cristian, bigoleador e incombustible.
Un para todos e todos para un.
Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!