Benjamín A
BENJAMÍN A SCD PASTORIZA -
BENJAMIN C SCD PASTORIZA -


¡Compartelo en las redes sociales!
CRONICA BENXAMÍN A MEICENDE GR. 18:30H 12/11/2019

Comezaba a liga regular do Benxamín A.

(Benxamín Segunda Galicia Grupo B As Mariñas) cun partido moi especial.

O debut tivo como oponente o Benxamín C do Pastoriza (que xunto co Benxamín B, estamos encadrados no mesmo grupo ligueiro), sendo unha festa para o clube, os nen@s e os pais e nais e seguidores en xeral.

Neste encontro saímos con Andrea na portería; Alessandra(Capitana hoxe), Antón e Adrián en defensa; Carmen Pereira no medio; en punta, Rega, Carmen Méndez e Cristian.

Completaron a convocatoria Brais, Izan, Alma, Xoel e Claudia. Estiveron ausentes Carmen Lauzara e Samuel(convalencente).

Un encontro trampa, onde o exceso de confianza xogounos algún que outro momento de intranquilidade. O desorden posicional foi unha tónica xeral durante todo o partido, sobre todo na primeira metade.

Este feito, aproveitouno moi ben o Benxamín C, que sempre tentou combinar e adiantouse no marcador ós poucos minutos. Así mesmo, e causado por ese desorden comentado anteriormente, o Benxamín C tivo algunha ocasión máis, solventada apuradamente pola nosa defensa e porteira.

Na segunda metade, con variante táctica para ir a polo encontro, con 2 defensas, 2 medios e 3 atacantes, algo melloramos.

A climatoloxía era totalmente adversa, con choiva e vento, o campo inundado, mais era un factor para ambos equipos. E ao Benxamín A custounos adaptarnos a ela. Cun exceso de conducción, de xogadas individuais, o equipo non acababa de meterse no encontro. Cun marcador igualado, chegamos ao último cuarto de partido, onde sí e verdade que a calidade individual determinou que a balanza se decantase para o lado do equipo A. Brais por partida dobre, Alma e Xoel puxeron a victoria favorable a nosa escuadra.

Destacar o moi bo encontro do Benxamín C que nos deron moita guerra, combinaron mellor que nós e fixeronnos ver que non se pode ter exceso de confianza, que os partidos hai que xogalos todos e duran 50 minutos.

A recopilar e mellorar nos erros cometidos e aprender deles.

Para once ideal: Brais García, polivalente pola banda esquerda, polo esforzo e entrega e polos 2 goles logrados

Unha para todas e todos para un.

Forza Pastoriza!!

Pablo Mariño

Si te ha gustado, ¡comparte!