Benjamín A
BENJAMIN A SCD PASTORIZA - 1
ATLÉTICO SAN PEDRO - 1


¡Compartelo en las redes sociales!
CRÓNICA BENXAMÍN A PASTORIZA – ATL S. PEDRO A MEICENDE GR. 11/01/2020 10:00H

Tras o parón de Nadal, voltábamos a disputar un encontro da liga Benxamín 2ª Galicia, Grupo B, As Mariñas-Arteixo.

Se ben xa tivemos os prolegómenos o día 4 de xaneiro, onde se xogou o partido aprazado do día 21 de decembro de 2019 por alerta laranxa decretada pola Xunta.

Aproveitamos este partido para convocar a todo o plantel para poder facer a foto oficial da tempada do noso Benxamín A. E asistiron tod@s! mesmo lesionada(Andrea) e enfermo (Izan), alí non fallou ninguén.

Con respeto ó encontro, saímos de inicio con Carmen Lauzara na portería; Samuel, Carmen Pereira e Adrián Castro en liña defensiva; Antón de mediocampista; Claudia, Xoel e Adrián Rega (hoxe capitán) en liña de ataque. Completaron convocatoria Cristian, Ismael, Alma, Carmen Mourelle, Brais García e Alessandra.

Viña a Meicende o Atl. S. Pedro A como líder do grupo B, e iso sempre intimida algo. Mais @s nos@s xogadores non teñen medo a nada e a ninguén, e saíron a dar todo no campo. Algo imprecisos e atropellados por veces, perdemos moitos balóns en posesión por non tomar decisión correctas en momentos concretos e por conducir en exceso o balón. O Atl S. Pedro,estivo incisivo e perigoso, creándonos varias ocasións de perigo na primeira metade na que lograron nunha delas materializar o seu gol.

Unha indecisión pola nosa parte e relaxación defensiva fixeron gran parte no gol rival.

Foi unha primeira metade onde o aspecto defensivo se descuidou bastante, deixando en varias ocasións a Carmen Pereira en solitario ante 2 atacantes. Cústanos regresar e facer coberturas defensivas cando perdemos balón en ataque. Traballo do adestrador para esta semana.

Na segunda metade, e tras incidir nos erros que estábamos a cometer (insolidariedade defensiva, imprecisión no pase e abuso de conducción), logrouse mellorar un pouco o xogo combinativo, aínda que lonxe do logrado noutros partidos. Aínda así, mantivemos a cara ó líder, que non lograba marchar no marcador a pesar de 3 ocasións clarísimas na nosa área que afortunadamente para nós, non tiveron consecuencias numéricas adversas no resultado. E iso dábanos un alento de esperanza de cara a lograr igualar o encontro. Sen desistir, con imprecisións máis con esforzo, corazón, algo de cabeza …e un pouco de Alma, logramos a falla de 3 minutos para o pitido final, poñer o 1-1 no electrónico (ou na libreta con boli bic!!) cun golazo de xogada individual da nosa número 5.

O dito, voltan @s mosqueteir@s do balón, voltan as ilusións e o xogo, volta a aprendizaxe deportiva e persoal, volta o …Benxamín A !!

PARA O ONCE IDEAL:

Alma (extremo esquerdo) polo seu gol de calidade, pundonor e a pesar dun partido atropellado en xeral, aproveitou a ocasión in extremis para conseguir empatar ante o líder
Si te ha gustado, ¡comparte!