Benjamín B
SCD Pastoriza -
Carral -


¡Compartelo en las redes sociales!


Esta xornada o encontro do Benxamín B adiantouse ó venres por petición do Carral, e con bó fair play do noso clube así se aceptou.
Neste antepenúltimo encontro de liga, o Benxamín B contou con algunhas baixas por un compromiso xa adquirido dalgún dos compoñentes, polo cal convocamos a 2 xogadoras do Benxamín C para completar a convocatoria: Carmen e Carlota.
O equipo de inicio foi Brais Rey na portería; Miguel, Samuel Díaz e Adrian en defensa; mediocampo para Ismael(capitán hoxe) e na liña de ataque Mario, Junior e Kevin. Completaron a convocatoria Joel, Omar, Samuel Paredes, Xoel (que debutaba hoxe) e as xa mencionadas Carlota e Carmen. Estiveron ausentes Cristian, Diego, Héctor, Darío, Brais García e Mark.
Un encontro onde o Carral impuso dende o minuto 2 o seu potencial e o por qué é o líder invicto. Dicir que dende o 0-3 xa no minuto 15, o adestrador do Carral apremiou ós seus xogadores para que non presionasen ó Pastoriza e deixasen xogar un pouco. Isto é deber dicilo, porque ós nenos hai que deixarlles xogar e gañar cando son mellores, pero tamén hai que ensinarlles a non avasallar. Pola miña parte aplaudo esta conducta do Carral.
Pola nosa banda, dicir que tentamos xogar como adestramos, buscando saída do balón dende atrás, intentando combinar, tanto en saída como en campo de ataque e buscando tamén o tiro dende ¾ de campo se temos posibilidade. De feito, Junior tentouno en 2 ocasións creando perigo. Fixemos moitas rotacións de postos, xogaron todos os convocados como sempre, cando menos 20-25 minutos e fixemos debutar no noso equipo 3 xogadores/as máis do noso clube, co que esta tempada xa participaron no Benxamín B 20 membros. E diso se trata nesta etapa, de xogar, de formarse e de divertirse, por suposto.
E iso foi o que se logrou, cando faltando 10 minutos para o final (e nun encontro todos e todas deron o 100% ante o líder da liga e aguantaron o tirón coa cabeza moi alta e cunha segunda metade de loita e entrega total) o debutante Xoel, lograba enviar de cabeza ó fondo da portería do Carral o gol da honra. O premio ó esforzo e a ilusión que non perderon estes nosos rapaces e rapazas durante os 50 minutos de partido. Un 10 para tod@s.
O dito, “un/ha para tod@s e tod@s para un/ha”. Forza Pastoriza!!!


Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!