Alevín A
SCD Pastoriza -
Maravillas -


¡Compartelo en las redes sociales!


O sábado o medio día, con un sol que apretaba moi duro, xogamos un partido amigable. Novo partido e de novo con moitos xogadores que non traballaron co grupo, ou non completaron as sesións de adestramentos, o que fai moi difícil que o traballo e a evolución dos entrenos se plasme logo no campo (lóxico, se non sabemos como defende o equipo e como xogamos o balón aparecen certas descoordinacións). Inda así no inicio do partido, fixemos moi ben os emparexamentos defensivos, e fomos capaces de roubar moitos balóns ós rivais, exercendo presión na zona central do campo, para atacar buscando o espazo libre.
Na saida de balón tamén se viu unha mellora, en varias fases do inicio do encontro xogamos con  tranquilidade e demostrando confianza e seguridade. Tamén é certo que non poidemos realizar a variantes que practicamos nos adestramentos o completar o equipo con xogadores "novos".

Tamén se observou unha melloría na intensidade e na loita, que foron constantes en todo o partido.
 
Logo da entrada dos xogadores non habituais no equipo, entramos nunha fase de xogo anarquica, con abuso do balón longo e o regate, con moito traballo físico e moi intensos. Pouco a pouco os últimos rapaces en vir o equipo iranse acoplando e nos axudarán a mellorar o nivel do equipo, xa deixaron moitos destellos da calidade e a gañas que teñen.

Seguimos cometendo erros (botarse enriba do compañeiro co balón na vez de habilitar un espazo, abuso do 1x1 en vez de buscar superioridade nos apoios, presa por chegar a meta rival, etc) pero cada vez son menos, os rapaces adestran moi ben, e se esforzan moitísimo, xa parecemos un equipo.

Seguiremos traballando!!!

Iván
Si te ha gustado, ¡comparte!