Iniciación
Marino -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!


O sábado ben cedo puxemos rumbo cara Mera, a xogar a segunda xornada de liga, a primeira fóra da casa.

Nesta ocasión nos reforzamos cos "cedidos" no infantil Iago e Brais, que xa adestraron con nós pola semana, e con Anxo do alevín B.

O equipo pintaba ben, pola semana traballou duro e tíñamos bastante clara a idea na saida do balón e o posicionamento defensivo; ademais contabamos con moitas posibilidades de variacións no banquillo.

Dende o comezo do encontro o rival amosou as súas armas, balóns largos dende a portería e tratar de finalizar as xogadas, non tíñamos moito problema en defender as ofensivas rivais... Asi que como os rivais non nos poñen en apretos, xa o facemos nós.
Outra vez de forma canto menos extraña, empezamos a errar e a regalar goles, un tras outro.
Inda así, a colocación defensiva nos estaba dando resultados pero só aproveitamos unha ocasión para facer gol.
Lonxe de espolearnos e ver a posibilidades de levarnos o partido, entramos nunha desidia e apatía que erro tras erro, e gol tras gol se fixo crónica (salvo contados xogadores).

Así deixamos escapar, ou máis ben regalamos un encontro no que saimos ben co balón,, superando en repetidas ocasións a presión rival, e chegando en vantaxe a zoa de ataque, e poñendo en moitos apretos o rival as veces que gardamos o orde defensivo. Inda por riba o rival non era mellor que nós nin técnica ni tácticamente... pero con moitísimas máis gañas de xogar e loitar moito máis concentrados.

Así, sendo un partido no que moito do traballado nos entrenos, saíu medianamente ben, por apatía,  desinterés e falta de compromiso cos compañeiros volvemos encaixar unha goleada.

O traballo dos entrenos vai progresando, pero unha e outra vez damos demasiadas facilidades os rivais nos partidos...
Sin querer, sin crer, sin gañas e sin ilusión non existe o fútbol.

Iván



Si te ha gustado, ¡comparte!