Alevín A
SCD Pastoriza -
Curtis -


¡Compartelo en las redes sociales!


Chegamos a primeira xornada da liga, bastante curtos de efectivos (por mor de dúas lesións acabamos xogando con 7, e non nos axudou a poder apretar ó rival) pero con gañas de amosar as evolucións dos adestramentos e con sensacións de melloría nos últimos amigables... Nada máis lonxe da realidade, dende o comezo do quencemento percibíase a desidia e a falta de concentración en gran parte do equipo. Así saltamos ó campo, e cun un erro tras outro fomos regalando o encontro dende o primeiro minuto, e recibindo un chorreo de goles que Héctor, facendo honor o seu nome, tratou de evitar de todas as formas convertíndose no mellor xogador no campo.
O  remate do partido chegou sen sermos capaces de poñer en apretos ó rival en ningunha fase do xogo, con moita falta de concentración e a intensidade necesaria para afrontar un partido tan costa arriba.
Sendo obxetivos, hai que recoñecer que o Curtis é un gran equipo, moi ben traballado e coas ideas claras.

Buscando a parte positiva,, as veces sincronizamos os movementos na saida do balón e conseguimos pasar a "zona de presión" do rival.

*Tampouco fomos capaces de funcionar como un equipo nas tarefas defensivas na saida do balón rival, e volvemos a non xogar cara atrás sen non podemos progresar.

O máis preocupante sexa o baixón na intensidade e nas gañas de xogar.

Redoblaremos esforzos nos adestramentos para poñernos o día.

P.D: Esperamos que as lesións sexan o máis leves posibles, e pronto podamos volver a estar todos xuntos.

Iván.
Si te ha gustado, ¡comparte!