Iniciación
torneo luis calvo - 0
SCD Pastoriza - 0


¡Compartelo en las redes sociales!
CRÓNICA CONCENTRACIÓN BIBERÓNS ESCOLAS FUTBOL LUIS CALVO SÁBADO 2 XUÑO 2018. CAMPO AS EIROAS(CARBALLO)

O pasado sábado acudíamos co noso equipo de Iniciación (Biberón) ás terras de Bergantiños para participar na Concentración de Biberóns das Escolas de Fútbol de Luis Calvo de Carballo, na que estiveron presentes 22 equipos das comarcas de A Coruña, As Mariñas, Ordes, Santiago, Bergantiños e tamén un representante de Lugo, o Residencia. Os nosos biberóns estaban encadrados no grupo B con Xuventude de Oroso, Orillamar, Victoria, Cambre e Sta. Cruz. Os encargados de defender as nosas cores foron: Diego Rodríguez, Diego Moscoso, Dani Santiso, Dani Muíños, Bruno, Sergio, Iker, Mateo, Leo e Leandro. Non puido asistir Nico. Resaltar que o formato de fútbol-8 do torneo, as grandes dimensións do terreo de xogo e o cansanzo do sábado á tarde dos nosos cativos, fixo que non estivesen tan acertados e productivos como en anteriores torneos. Mais o importante é que conviviron cunha morea de cativos, pasamos a tarde en formato familia-biberón que tan boas xornadas nos deixa e os nenos levaron unha medalla de barro feita polos mestres alfareiros de Buño entregadas polo mesmo Don Luciano Calvo, presidente do Bergantiños. Destacar a boa organización do torneo, a pesar dos cambios que tiveron que facer a última hora pola baixa dalgún equipo, e a completa disposición tanto do Coordinador Davíd Iglesias como de todos os colaboradores das Escolas Luis Calvo. Afrontando este tramo final de tempada máis unidos ca nunca, xogadores, adestrador e pais/nais/avós, despedimonos ate o vindeiro torneo o venres 8 de xuño en Iñás. Ali vos esperamos!! “Un para todos, e todos para un” Forza Pastoriza!!
Si te ha gustado, ¡comparte!