Juvenil
SCD PASTORIZA - 2
RAYO SADENSE - 1


¡Compartelo en las redes sociales!
Coma unha constante, o Pastoriza consegue outra sufrida vitoria contra un rival da parte media da táboa. O sábado puidemos ver un partido bastante equilibrado entre ambos conxuntos. A primeira parte foi un toma e daca sen que ningún dos equipos puidese facerse coa posesión. Para intentar cambiar o rumbo do partido, na primeira parte fixéronse dous trocos e no minuto 44 deu resultado xa que Diego (un dos xogadores que entraron) marcaba, con calma e calidade, o primeiro tanto da tarde. Na segunda parte a igualdade continuou ata que no minuto 61 o colexiado decidiu mostrar dous cartóns amarelos consecutivos a Daniel e o equipo quedou con 10. Nese momento o partido semellábase máis a un de tenis debido a que os visitantes querían aproveitar a súa vantaxe. No minuto 75 poñían as táboas no marcador pero, sen deixar que o puidesen celebrar, o bigoleador da tarde (no minuto 76) deixaba os puntos na casa.
Si te ha gustado, ¡comparte!