Benjamín A
SCD PASTORIZA - 2
ONCE CABALLEROS - 3


¡Compartelo en las redes sociales!
Disputábase a 4ª xornada do noso Benxamín A, xogando como locais en Meicende.
O noso equipo saltaba ó terreo de xogo con Dani na portería; Iago Soneira(Capitán), Antón e Hugo Blanco na defensa; Iago Domato no mediocampo e na liña dianteira Hugo Teixeira, Rodrigo e Joel. Completaban a convocatoria Brais, Angel, Xoel, Roi e Lucas.
Encauzamos o partido ó cuarto de hora ante un rival intenso dende o primeiro momento, con gol magnífico do veloz Angel. Parecía que íamos ir ó descanso co marcador favorable e tranquilos, cando nun exceso de confianza incorporámonos case todos ó ataque, e na contra, o Once Caballeros colliu á nosa defensa adiantada e lograron o empate cun gol psicolóxico no último minuto da primeira metade.
Tras o descanso, os nosos rapaces saíron coa forza e ánimo para dominar o partido e poñer o marcador ó noso favor. Mais outra vez e nada máis comezar o segundo tempo, outro xesto de relaxación e confianza en defensa, o contrario saca proveito e pon o 1-2 no marcador. Seguíamos a tentalo, creando 2 ocasións claras de gol, con espectacular remate de chilena incluída nunha delas, mais non materializamos. Así mesmo, algunha que outra parada espectacular de Dani evitou que o marcador se escapase. E neste toma e daca, o rival logra o terceiro faltando un cuarto de hora para o remate. Os nosos rapaces, en vez de virse abaixo, logran meterse no partido dous minutos despois con outro gol de pillabán na área do noso goleador hoxe, Angel, tras unha gran xogada do equipo. Aínda con tempo por diante, voltamos á carga, cunha lanzamento de falta ó borde da área case rematando o encontro, máis non houbo maneira.
Os rapaces tentáronno ate o final, loitaron e por veces fixemos boas combinacións, mais o rival foi xusto merecedor da victoria, pola súa intensidade dende o minuto 1 e tamén hai que dicilo, por saber aproveitar algún que outro erro noso. Isto é fútbol.
Toca aprender deles, correxilos e evitalos en vindeiros partidos. Polo demáis, os meus parabéns a todos eles.
Forza Pastoriza!!
Si te ha gustado, ¡comparte!