Prebenjamín A
BREXOLEMA - 3
SCD PASTORIZA - 4


¡Compartelo en las redes sociales!
Nesta xornada tocaba ir a xogar contra o Breixo Lema. O prebenxamin viña de
non ter un dos seus mellores partidos é coa baixa do seu primeiro
adestrador os rapazes afrontaron o partido con moitas ganas para enmendar
os seus erros pasados.

Foi un partido reñido entre os dous equipos no que Sandro abriu o marcador
do partido cun muy bo gol encarando o porteiro dende a banda. O gol non foi
impedimento para o Breixo Lema que en poucos minutos conseguiu chegar de
novo a porteria rival e lograr o empate. Pouco despois, grazas a unha
contra levada a cabo por Anton pola banda deireita que terminou nun centro
e posterior remate de Hugo Teixeira que remataria en gol facendo o 2-1 que
non durarira moito tempo pois nun erro defensivo o Breixo lema conseguiu de
novo o empate.

Xa na segunda parte, o Breixo Lema metou o seu terceiro gol co que se
poñeria por diante durante a maior parte da segunda parte. Nos ultimos dez
minutos o Pastoriza volveu a súa colocación inicial na búsqueda de mellorar
o seu xogo co que conseguiría que Hugo Blanco con dous tiros dende a banda
esquerda conseguira meter os dous últimos goles do partido e conseguir a
victoria para o Pastoriza ante o Breixo Lema.

Resumindo o partido, foi un moi bo encontro no que non houbo nin unha soa
xogada sen importancia na que ,fose de quen fose o ataque, sempre remataba
cerca da porteria contraria. Moi bo partido de todos os xogadores tanto do
Pastoriza como do Breixo Lema.

Viva o Pastoriza, e viva o FUTBOL!!
Si te ha gustado, ¡comparte!